Concurso Chuzos
Ola familias!!
Nas nosas aulas temos grandes artistas, por iso vos enviamos este carteliño para que lle botedes unha ollada.
É un concurso que convoca a imprenta Chuzos de Monforte (xa neste curso participamos noutro e tivemos algún que outro premiado). A temática é libre, podedes empregar diferentes materiais e logo tedes que enviar unha fotografía do mesmo por Whatsapp ó seguinte número: 646978090. Tedes todo explicado no cartel e senón podedes entrar no seu facebook: Chuzos Papelería Imprenta.
Animámosvos a que o alumnado participe e así pasar un ratiño divertido!