blogue degoretti

Abracadabra....

Esta semana foi curta pero intensa... Estivemos facendo maxia!!

Coñecemos a outro dos artistas do circo O MAGO e nós quixemos facer maxia tamén. Para iso collemos un vaso de cartón e pintámolo de negro, colorearmos a cabeza dun coelliño e con algunha cousiña mais fixemos unha chistera. Mirade mirade!

                

                

                   

                                

 

Fomos pasiño a pasiño ata conseguir a nosa chistera coa que facemos que o coello apareza e desapareza, sempre empregando as palabras máxicas ABRACADABRA....

     

 

E...esqueceusenos ensinárvos o que fixeron as mestras na sala de infantil. Fixeron un pallaso e unha carpa e a nós gustounos tanto que collemos as caretas de pallaso e fomos facernos unhas fotos con el. Adiviñades quen é quen?

                                            

 

Veña vale, vamos axudar aos que non adiviñaron.

                                           

 

Tamén estivemos facendo unha cousa ben chula que teredes pronto na casa para poder ver! Pintamos con rotuladores, corchos e témperas. Deixámosvos unha pequena pista.

 

      

                                 

 

Cando xogamos ca plasti tamén nos acordamos dalgúns artistas do circo. Erea ten moitísima forza!                                           

 

                                   

 

Xa sabemos que no circo non hai animais, pero na nosa clase si. Leira e Sofía póñenos en fila, a saber a onde van!

                                  

 

E xa estamos rematando o proxecto do circo, pero quedanos aínda un pouquiño no tinteiro.

Ata a próxima!

 

En plena función!

Ola familia, hoxe queremos ensinárvos algunhas das cousiñas que fomos facendo ao longo do proxecto do circo.

Unha das aprendizaxes foi saber o nome do lugar onde actúan os artistas, A PISTA. Nós fixemos a nosa empregando xiz de cor amarelo e sal. Mirade que ben o fixemos e que chulo nos quedou!

 

    

 

Tamén vimos que na entrada do circo hai flocos de millo e algodón de azucre, e nós quixemos facer uns flocos de millo. Pintamos a caixa para eles, pegámos algodón para facer que eran os flocos e logo con témpera amarela, auga e un contagotas démoslles algo de cor.

    

 

Logo fomos coñecendo diferentes artistas do circo e imitando algo do seu espectáculo. 

Unha compañeira trouxo uns instrumentos musicais que nos encantaron, puidemos tocalos e agora témolos durante uns días na clase e seguimos empregándoos para facer que somos os músicos do circo.

    

                            

 

E fixemos un pequeno instrumento para levar para a casiña, unha MARACA!

                                                                                                                                                                                                                                                                           

 

 

Outro dos artistas que traballamos foi o funambulista e mirade que fixemos na clase de psicomotricidade...

 

    

 

      

 

      

 

       

 

    

 

 Tamén malabaristas...

 

                          

 

 E falando de malabaristas, vamos a presentar a TITO O MALABARISTA. El é o protagonista do conto "Tito malabarista" que perde o nariz e anda na busca dun novo. Agora acompáñanos sempre na asamblea, o encargado do día elixe o nariz que lle quere poñer (forma e cor) e tamén se lle poñemos garabata (grande ou pequena) ou paxarela (grande ou pequena). Así traballamos formas, cores e tamaños. Temos ao Tito da asamblea, pero temos outros dous mais para poder xogar con el e coas formas cando nos apetece. Gústanos moito!!

 

             

 

Deixámosvos aquí o conto para que lle botedes unha ollada. 

 

                                  

 

Aburiño!

O OUTONO VAI CHEGANDO AO SEU FIN...

Levamos un tempo traballando esta estación do ano e queremos ensinárvos algo do que fixemos.

Como no outono chove moito, fixemos unhas nubes con algodón e pintura azul e puxémoslle unhas pingas de auga. Gustounos moito, porque o fixemos coas mans e enchelas de témpera chíflanos!

 

Fomos coñecendo diferentes froitos do outono: castañas, noces, mazás, landras,... e puidemos tocalos, facer xogos con eles e incluso os probamos.  Como somos uns artistas collemos imaxes de diferentes froitos, témperas das cores do outono e esponxas, e mirade que cousa mais chula fixemos!

 

Tamén temos a clase chea de follas e ramas de diferentes árbores: castiñeiros, carballos, abeleiras,... Algunhas están verdes, outras amarelas, vermellas e marróns. Con elas fixemos algunha cousiña como rachalas e pegar anacos na inicial do noso nome ou uns animaliños do outono.

 

 

Falando de animais... un día pola mañá tivemos unha gran sorpresa! Chegamos á aula e había unha caixa cuns buratiños, a cal a mestra abriu cando entramos todos. Dentro dela había cinco caracois!! Estivemos tocándolles e mirando o rastro que deixaban por onde pasaban coas súas babas. Decidimos que se quedarían uns días con nós e que os tiñamos que coidar, por iso no patio moitos buscábamos herbiñas para que comesen. A mestra Elvira tamén lles daba leitugas e gustábanlles moito! Logo decidimos levalos ao xardín, xa que alí estarían mais contentos.


 

E sabedes que temos na aula? A comidiña que come o Polo Pepe, MILLO. Temos unhas mazorcas de millo e aprendemos a quitar eses grans de millo da mazorca. Descubrimos que segundo o lugar onde vivas se lle chama de diferente forma, uns din degrañar e outros debullar. 

             

 

Mirade si o fixemos ben que decidimos aproveitar os grans para traballar a inicial do noso nome!

                 

  

Para seguir traballando o nome decorámolo con selos de animais de outono (esquíos, ratiños, marmotas,...), logo collemos unhas esponxas con forma de círculo e decoramos coas cores do outono. 

 

                              

 

                              

 

                           

 

                                                                 

 

Estas son algunhas das cancións que cantamos durante a asamblea:

                              

 

Hoxe, para rematar co outono lemos este conto e gustounos moito!

Somos uns pallasetes!

Esta semana estamos a traballar os pallasos e estivemos probando diferentes complementos que empregan para o seu espectáculo: perrucas, narices que nos trouxo unha compañeira como agasallo,... e pasámolo xenial!

 

 

 

Despois do recreo tivemos a visita inesperada dun gran MALABARISTA e MAGO, o mestre José Antonio. Como un paxariño nos dixo que sabe facer malabares, démoslle tres pelotas para que nos ensinara o ben que o fai. Logo tamén nos fixo uns trucos de maxia. Quedamos abraiados e xa estamos desexando que volva visitarnos pola nosa clase!

No patio pasámolo pipa!

Como estamos en outono as follas caen das árbores e temos o patio cheo delas. Nós aproveitamos para xogar con elas, clasificámolas segundo a súa cor, a súa forma, tirámolas ao aire,... e ata facemos formas xeométricas con elas.

 

 

Pero un día cando saímos ao patio vimos a nosa zona toda limpiña de follas. Estaban soprándolles cun aparatiño e levándoas cara unha esquina. Alí recollíanas e metíanas nun saco enorme! Estivemos un cachiño observando como facían.

 

Como quedou todo tan limpiño aproveitamos para pintar con tizas de cores no chan, e ese día si que o pasamos en grande!

 

E se queredes mover o esqueleto coas mesmas cancións que o facemos na clase, aquí vos deixamos unha delas.

Na clase de 3 anos...

Esta semana estamos a traballar os pallasos e na clase de 3 anos estivemos probando diferentes complementos que empregan para o seu espectáculo: perrucas, narices que nos trouxo unha compañeira como agasallo,... e pasámolo xenial!

 

 

 

Despois do recreo tivemos a visita inesperada dun gran MALABARISTA e MAGO, o mestre José Antonio. Como un paxariño nos dixo que sabe facer malabares, démoslle tres pelotas para que nos ensinara o ben que o fai. Logo tamén nos fixo uns trucos de maxia. Quedamos abraiados e xa estamos desexando que volva visitarnos pola nosa clase!

1,2,3,... Acción!

 

Ola familias! 

Benvidas ao blogue de 4º de educación infantil, o cal poño en funcionamento co fin de achegar un chisco a vida dos nenos e nenas na escola aos fogares.

Espero que o gocedes tanto como o facemos nós na aula!

Goretti

Que comece a función!

 

Ola familia!

Os nenos e nenas de infantil vamos comezar co proxecto O CIRCO, por iso precisamos que nos axudedes a buscar información sobre os seguintes apartados:

- Onde e como se instala?

- Onde viven os artistas?

- Onde actúan?

- Que fan antes de actuar?

- Que hai na entrada do circo?

- Que artistas actúan?

- Que fan ao acabar a función?

 

Agradeceriámosvos que a información que nos acheguedes sexa concreta e fácil de entender para todos.

Podedes facilitarnos todo tipo de material: vídeos, fotografías, contos, xoguetes, libros,...

Tamén vos pedimos a vosa colaboración participando da ilusión que vos transmita o voso fillo ou a vosa filla cando vos explique o que traballou na aula.

 

Un saúdo,

 

O equipo de educación infantil

Distribuir contido