Skip to Content

 

Novas de radio

DEBUT DO ALUMNADO DE 3ºB NA RADIO ESCOLAR

Comos vos anunciabamos a semana pasada, este xoves contamos coa presencia na radio, dos compañeiros e compañeiras de 3ºB. Outro éxito absoluto! Por primeira vez, e cun chisquiño de axuda da súa titora, contáronos divinamente as novas do día, a predición meteorolóxica e puxeron música nos minutos finais de programa.  Creo que con este estupendo alumnado de 3º temos asegurado o futuro da nosa radio!

Premede na imaxe e comprobade o concentrados que estiveron.

O DEBUT DE 3ºEP NA NOSA RADIO

Este xoves 14 de outubro, tivemos por primeira vez na nosa radio, facendo o programa diario, ao alumnado de 3ºA.

A súa estrea foi todo un éxito, falando polos micros cunha veternía, soltura e seguridade propia de profesionais. E para facer este día ainda máis inesquecible, contamos cunha visita moi pero que moi especial, a do PROFE CARLOS. Comprobando que todo funcionaba correctamente, deulle un pouquiño máis de chispa a este recuncho de micros e trebellos varios. O seu paso pola radio, puxo a guinda ao pastel neste día para os nenos e nenas de 3ºA.

Premede na imaxe para ver as fotos

E isto non foi máis que o comezo xa que, este xoves 21 será a quenda de 3ºB, asi que, estade ben atentos ao seu lanzamento nas ondas! Daremos boa conta de todo aquí, na nosa web.

Saudiños!

 

 

TOP 10 RADIO ESCOLAR - CURSO 21-22

 En breve teremos xa na nosa web o primeiro top 10 deste curso 21-22.

Estade ben atentos e non vos perdades todas as novidades da nosa Radio Escolar.

TOP 10 CURSO 21-22

POSTO

CANCIÓN

VOTOS

1

   

2

   

3

   

4

   

5

   

6

   

7

   

8

   

9

   

10

   
   

RECOLLIDA DE PREMIOS

Hoxe algunhas das nosas compañeiras atópanse en Santiago na entrega de premios do III Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez.

Noraboa a todolos nenos, nenas e mestras que participastes nesta actividade.

 

 

FINALISTAS DO III CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCASTS XOSÉ MOSQUERA PÉREZ

Hoxe temos a ledicia de poder compartir con todos e todas vós unha moi boa nova:

o podcast presentado polo noso centro, titulado: "LEMBRANZAS NO CAFÉ SARRIA"

ven de ser elexido como finalista no:

III CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCASTS XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, “O VELLO DOS CONTOS".

Independentemente de ser ou non os agraciados co premio, é este un bo momento para agradecer a todo o alumnado e profesorado implicado, tanto neste concurso como noutros, o seu bo facer e a colaboración coa nosa Radio Escolar.

Premede na imaxe e teredes a ocasión de escoitar os restantes Podcast finalistas, tando da sección de Primaria coma de Secundaria.

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut