Skip to Content

 

O DEBUT DE 3ºEP NA NOSA RADIO

Este xoves 14 de outubro, tivemos por primeira vez na nosa radio, facendo o programa diario, ao alumnado de 3ºA.

A súa estrea foi todo un éxito, falando polos micros cunha veternía, soltura e seguridade propia de profesionais. E para facer este día ainda máis inesquecible, contamos cunha visita moi pero que moi especial, a do PROFE CARLOS. Comprobando que todo funcionaba correctamente, deulle un pouquiño máis de chispa a este recuncho de micros e trebellos varios. O seu paso pola radio, puxo a guinda ao pastel neste día para os nenos e nenas de 3ºA.

Premede na imaxe para ver as fotos

E isto non foi máis que o comezo xa que, este xoves 21 será a quenda de 3ºB, asi que, estade ben atentos ao seu lanzamento nas ondas! Daremos boa conta de todo aquí, na nosa web.

Saudiños!

 

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut