Skip to Content

 

E.F.

OLIMPÍADAS 2024

Dende Educación Física daremos en xaneiro comezo ás OLIMPÍADAS 2024.

De 2º a 6º de Educación Primaria participaremos por equipos en distintas disciplinas que caracterizan esta celebración.

Preparádevos para a volta e... QUE COMECEN OS XOGOS!

 

 

MERENDAS SAUDABLES

Aquí chegan as merendas saudables!

A partir do luns 6 de novembro, dende a área de Educación Física levarase a cabo dende 2º de Educación Primaria ata 6º un control das merendas escolares coa participación do resto do profesorado.

O obxectivo é facer consciente ó alumnado da importancia que ten comer saudable no día a día e, polo tanto, responsabilizalo de controlar as súas merendas nos recreos da escola.

En cada aula haberá un calendario no que cada día irán apuntando se a súa merenda foi ou non foi saudable. Deste xeito, ó rematar o mes, de forma individual poderán ver cal foi o seu progreso.

Aquí tendes algúns exemplos de merendas saudables para que as consultedes. 

 

Moitas grazas pola vosa participación e axuda.

Visita PBB - actividade Baloncesto

O próximo venres 17 de setembro contaremos coa visita do clube PORRIÑO BALONCESTO BASE (PBB).

A actividade estará dirixida para o alumnado de 6º de Educación Primaria, na que os adestradores do clube ensinarán diferentes aspectos do xogo e promocionarán a actividade deportiva a través do deporte do baloncesto.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Estimadas familias:

Diríxome a vostedes para solicitarlles colaboración nalgúns aspectos relacionados coa materia de Educación Física:

-         

É imprescindible e obrigatorio que o alumnado veña ás clases de Educación Física con indumentaria e calzado adecuados para poder realizar as sesión de maneira cómoda e segura.

-         

Se en algún momento do curso escolar o seu fillo/a non puidese realizar a sesión de forma activa, rógolles que me fagan chegar a través do titor/a una nota informativa ou, no seu caso, o xustificante médico no que se explique o motivo.

-         

A actividade física produce beneficios no desenvolvemento dos nenos/as e é necesario que se adapte ás características de cada un deles. Por isto, solicito de vostedes aquela información que puidese resultar de interese sobre o estado de saúde do seu fillo/a (esta información deberá ser transmitida o titor/a).

-         

Hixiene e saúde corporal. Durante este curso que comezamos deberemos cumprir os protocolos establecidos pola Consellería de Educación sobre a crise sanitaria (COVID – 19).

É necesario traer para  todas as sesión de Educación Física un neceser ou bolsa de man que inclúa toalliñas desbotables, una toalla pequeña e un botellín pequeño de auga.

É recomendable ademáis traer una camiseta de reposto, aínda que debemos informar de que a día de hoxe non está permitido  utilizar os vestiarios do pavillón (as medidas restrictivas poderán ser modificadas ó longo do curso).

 

Moitas grazas de antemán pola súa colaboración.

Para calquera consulta non dubiden en contactar comigo a través do centro.

 

 

Atentamente. Un saúdo

 

Manuel González Coto. Mestre de Educación Física

A SAÚDE TAMÉN ESTÁ NA BIBLIO

Boas  Ioguis!!!

Para seguir movendo o esqueleto e mantendo unha boa alimentación, tedes estes dous exemplares na biblio! 

 

Correde a por eles que escapan!!!

DEPORTE A TODA LETRA

BRINCALETRAS

PAI FILLO NAI

XOGO: PAI, FILLO, NAI

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut