Skip to Content

 

MERENDAS SAUDABLES

Aquí chegan as merendas saudables!

A partir do luns 6 de novembro, dende a área de Educación Física levarase a cabo dende 2º de Educación Primaria ata 6º un control das merendas escolares coa participación do resto do profesorado.

O obxectivo é facer consciente ó alumnado da importancia que ten comer saudable no día a día e, polo tanto, responsabilizalo de controlar as súas merendas nos recreos da escola.

En cada aula haberá un calendario no que cada día irán apuntando se a súa merenda foi ou non foi saudable. Deste xeito, ó rematar o mes, de forma individual poderán ver cal foi o seu progreso.

Aquí tendes algúns exemplos de merendas saudables para que as consultedes. 

 

Moitas grazas pola vosa participación e axuda.



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut