Skip to Content

 

BOMBEIROS E BOMBEIRAS POR UN DÍA!!!

Ola familias! Fai uns días os nenos e nenas de 1º de Primaria fomos visitar o parque de bombeiros de O Porriño. En canto chegamos, quedamos abraiados con todas as cousas que teñen e, sobre todo, cun brazo-grúa que medía 32 metros! Incrible, parecía que tocaba o ceo!

Os bombeiros foron moi amables e simpáticos con todos nós. Ensináronnos moitísimas cousas: os camións e as ferramentas que levan neles, unha lancha de rescate, a cucaña por onde se deslizan dende o piso de arriba ata o de abaixo…, e moitas cousas máis.

Tamén nos mostraron onde viven eles cando teñen gardas. Ás veces ata de 2 días seguidos! Canto traballan para axudar á xente e tamén aos animaliños que, ás veces, teñen que rescatar!

Ademáis deixáronnos coller a mangueira que usan eles nos incendios, un por un, e lanzar auga para tirar un cono que estaba enriba dunha roda! Foi xenial!

Dende logo, para todos, foi un día inesquecible e sentímonos bombeiros e bombeiras por un día!

Premede na imaxe e comprobade vós mesm@s o ben que o pasamos!

Unha aperta!

 

 

 

 

 

 



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut