Skip to Content

CANS DE PALLEIRO

Este luns viñeron ao noso colexio varios membros do Club de Raza “Can de Palleiro” acompañados por Loira unha cadela desta raza que nos causou unha moi grata impresión, polo educada que estaba, así como o seu dono e adestrador Iago. Patricia nos falou de moitas cousas sobre os cans que non sabíamos. Onte aprendemos moitas cousas sobre como comportarnos cos cans, cos que son nosos e cos de outras persoas. Lembráronnos que aínda que os cans están próximos a nós teñen comportamentos diferentes, pois son outra especie, e temo que actuar respectando estas características. Vimos de primeira man o importante que é que os cans estean educados (e os seus donos e donas tamén!). Ademais, aprendemos a coñecer e recoñecer os cans de palleiro, unha raza autóctona de Galicia, e totalmente adaptada ao noso entorno, pois naceu e desenvolveu aquí. E, por suposto, puidémolo pasar moi ben con Loira, que foi moi paciente e cariñosa con todos os rapaces e todas as rapazas. Agradecémoslle de corazón á esta asociación que compartise con nós a súa experiencia e coñecementos. Moitas gracias!

Se queres ver máis imaxes vai ao blog de "O horto de Xixirei" ou preme neste enlace. Tamén podes visitar a páxina web da asociación, premendo no seu nome ao comezo desta entrada ou tamén neste outro enlace.

 

Andaina contra a violencia de xénero

 

As alumnas e os alumnos de Educación Infantil fixeron, este pasado luns, unha andaina polos arredores do colexio para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller. Podedes ver a nova publicada no blogue de Os pequechos de Lavacolla.

Carreira solidaria 2018

Aquí tedes un vídeo sobre a carreira solidaria que fixemos no mes pasado.

Magosto 2018

A nosa carreira solidaria na TVG

 Neste enlace podedes ver a nova que emitiu a TVG sobre s nosa carreira solidaria de "La vuelta al cole" que fixemos este venres pasado.

VI Edición de La vuelta al cole contra la leucemia infantil

                        

Hoxe levamos a cabo a carreira solidaria en colaboración coa fundación Uno entre cien mil, que baixo o lema La Vuelta al Cole contra la leucemia infantil animou a centos de colexios en toda España a participar. Agradecémoslle a esta fundación a oportunidade que nos deu para coñecer esta enfermidade infantil e os esforzos que se está a facer para conseguir que todas as rapazas e todos os rapaces que a sofren poidan saía ben dela. Moitas gracias!

Agradecémoslle tamén á comunidade educativa deste colexio a súa extraordinaria implicación. Gracias a todas e a todos!

E un agradecemento moi especial a Imaxon, pola súa contribución a que a carreira fose o máis lucida posible. Moitas gracias.

Presentación no Festival de Cans

O pasado 25 de maio as alumnas e os alumnos de 4º e 5º de Educación Primaria acudiron ao XV Festival de Cans, pois foron convidados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao ser gañadores no curso pasado do certame de curtas de animación, “Nós tamén creamos”, na categoría de 3º e 4º de Educación Primaria no curso pasado, baixo o título de “A guerra dos números” e co obxecto de dar a coñecer alí o seu traballo.

No noso colexio estamos moi contentos deste recoñecemento e agradecémoslle á Secretaría Xeral esta invitación.

 

Se queredes ter más información, premede na foto ou neste enlace.

I FEIRA SOLIDARIA

       

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut