Skip to Content

INFORMACIÓN

BIBLIOTECA INCLUSIVA

 

  

  

  

 

 

ÁLBUM DE CROMOS

Este ano no marco do PDI 2023 ALUCINE!  deberedes completar as carteleiras de aula con cromos de múltiples películas. Para acadar esta meta grupal será tan sinxelo como: participar nas actividades da biblioteca e de centro, superar os retos propostos na páxina web, atopar os cromos agochados nos libros, desenvolver tarefas e proxectos de aula... Tedes  un sinfín de oportunidades! Ánimo e a por todas!

Coñece todos os cromos que podes conseguir participando nas actividades do PDI 2022, da biblioteca, voluntariado, conmemoracións, agochados nos libros da biblioteca... e completa o álbum ao longo do curso..

REALIDADE VIRTUAL: BIBLIOIA VIRTUAL

Próximamente poderás realizar un paseo virtual pola biblioteca do centro. Estate moi atento!

 

AXENDA 20/30

 A axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible é unha folla de ruta que todos os países membros da ONU asinaron en 2015. Esta axenda universal sitúa os dereitos humanos de todas as persoas no centro, sen deixar a ninguén atrás.

Entre os principais obxectivos que se propón están erradicar a pobreza no mundo, combater a desigualdade e o cambio climático, asegurar a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres e garantir o acceso universal ós servicios de saúde e educación de calidade, entre outros. É unha aposta universal que compromete a todos os países, calquera que sexa o seu desenvolvemento.

Dende BibliOia e o equipo de Voz Natura queremos poñer o noso gran de area no desenvolvemento destes obxectivos. É por iso que próximamente iniciaremos o desenvolvemento da actividade "O carriño 2030" unha actividade que pon a mirada na educación ambiental, o consumo e xira arredor dos valores anteriormente recollidos.

O CARRIÑO 2030

 

 

VOLUNTARIOS BIBLIOTECA

Descubre máis sobre o voluntariado na biblioteca clicando nos seguintes apartados:

 

Este programa de voluntariado realízase co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Neste curso contamos con seguintes voluntarios:

  • 5 º EP: 15 voluntarios.
  • 6º  EP: 22 voluntarios.

BIBLIOFAMILIAS

Formas parte da famila dalgún dos alumnos/as do centro? Gústache a lectura? Non tés libro que ler actualmente? Estás no sitio indicado. BibliOia dispón dun espazo chamado Bibliofamilias na entrada do centro onde poderás coller libros de lectura de forma fácil e sinxela.

Podes realizar tamén recomendacións lectoras e suxerencias tanto dos libros que hai nesta sección como doutros títulos de interese nos comentarios desta nova.

BOOKCROSSING

O chamado bookcrossing comenzou aló polo ano 2001 en Estados Unidos. Basicamente consiste en crear unha rede global de libros que atravese no tempo e no espazo, que non coñeza límites xeográficos e cuxa meta, simplemente, é converter o mundo nunha grande biblioteca.

Trátase en definitiva en deixar libros en espazos públicos para que outros lectores o recollan e logo eles fagan o mesmo. A idea e deixar viaxar libremente os libros para que poidan ser encontrados por outras persoas.

Dende a nosa biblioteca pretendemos darlle un sentido máis amplo a este termo, entendendo o bookcrossing como unha práctica de compartir libros e recursos de lectura entre o alumnado, profesorado, familias, centros e institucións próximas da contorna.

As nosas iniciativas de bookcrossing pasan por:

 

 

  • As actividades e recuncho bookcrossing buscan favorecer o intercambio de libros entre o alumnado do centro.

 

  • Bibliofamilias é un espazo aberto a que as familias collan prestados diferentes libros de temática adulta e tamén poidan realizar doazóns de libros para comunidade escolar.

 

  • Preténdese favorecer o préstamo e cooperación entre centros no marco dunha rede de colaboración entre bibliotecas escolares especialmente no relativo a libros de lectura colectivos. No seguinte enlace podes acceder ao catálogo de títulos de lectura colectivos dos que dipoñemos, así como o número de exemplares.

 

  • Se eres dun centro educativo da contorna e queres facer uso deles só tés que chamar ao centro e solicitalo (Teléfono: 886110488). Se a colección está dispoñible poderás facer uso deles no prazo dun mes.

 

 

 

  • O centro tamén realiza doazóns a instutucións da contorna de exemplares de expurgo en bo estado.

CIENCIA - ESPAZO STEM

 

O obxectivo fundamental desta liña de actuación encadrada dentro do apartado de Bibliotecas Creativas de BibliOia do CEIP Mestre Manuel García é impulsar o ámbito científico.

Es liña de actuación está composta dunha análise das necesidades, unha proposta de obxectivos concretos, materiais e posibles actividades á desenvolver, que impulsen a calidade na ensinanza da ciencia dende un punto de vista máis práctico e motivador.

A alfabetización científica adaptada ás distintas idades do alumnado e a introdución e aplicación do método científico forman parte do currículo e permítenlles coñecer e entender situacións cotiáns e o mundo que os rodea

Este traballo coa ciencia pode desenvolver no alumnado o razoamento científico e pensamento crítico, fomentando a curiosidade e a investigación aspectos relevantes na súa formación, ademais das distintas competencias clave.

ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

OBXECTIVOS 

Os obxectivos principais desta liña de actuación son:

1. Adquirir un fondo de materiais mínimo que o alumnado poida ter como referente para a aproximación ao método científico.
2. Aplicar o método científico nas situacións cotiás e próximas.
3. Comprender as características da ciencia e as súa importancia na sociedade.
4. Fomentar a curiosidade, a observación e a experimentación.
5. Combinar razoamento científico e pensamento crítico.
6. Aprender a traballar en equipo.
7. Aprender os procedementos básicos nun laboratorio ou espazo científico.
8. Aprender a coidar e manter o material ordenado e limpo.
9. Ser e actuar de maneira cada vez máis autónoma, resolvendo situación cotiás con actitude positiva e superando dificultades.
10. Participar de forma activa nas actividades propostas.
11. Iniciarse na práctica real adaptada do método científico para abordar conceptos científicos do currículo.
12. Favorecer no alumnado a necesidade de facerse preguntas e chegar a conclusións a través da investigación coñecendo o por que dos feitos que suceden ao seu redor.

 

MATERIAIS DO ESPAZO STEM

Entre algúns dos materiais que dismpoñemos no espazo STEM-CIENTÍFICO son:

 

NORMAS DO EZPAZO STEM

ACTIVIDADES QUE SE REALIZAN

  • Talleres de coñecemento do material científico.

  • Traballo cos cambios de estado.

  • Efecto do calor sobre líquidos e sólidos.

  • Mesturas e disolucións.

  • Separación de mesturas: tamizado, filtración, ebullición evaporación, decantación...

  • Estudio do solo.

  • Observación dos seres vivos: mofo, células de cebola...

  • Reaccións químicas.

  • Electricidade: uso de xeradores, interruptores, motores, pequenos circuítos...

  • Xogo co magnetismo e imantación.

  • Medidas da masa, volume e densidade (sólidos e líquidos).

  • Talleres de alimentación e ciencia.

  • A descomposición da luz.

  • Taller de reciclaxe de papel.

  • Magnetismo e imantación.

  • Son: teléfono, estetoscopio, viaxe do son...

  • Clasificación dos animais.

  • Experiencias coas plantas.

  • Robótica.

  • Realización de maquetas e construccións.
  • Etc.

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut