Skip to Content

INFORMACIÓN

CLUB DAS LETRAS

 

A biblioteca presenta este ano o chamado "Club das letras" unha aposta renovada e 2.0 do tradicional Club de lectura. Pretende un obxectivo máis integral, creativo e motivador desta iniciativa que chegue a máis alumnos.

Coa lectura como telón de fondo e os libros como excusa, de forma voluntaria o alumnado de 6º EP traballa na biblioteca sobre un ámbito que está en auxe, o chamado "lettering" (Caligrafía creativa). Diseños de escritura creativa, títulos en diversos formatos, rebranding de portadas de libros escollidos, búsqueda de titoriais de lettering, lettering de temáticas literarias, desenvolvemento de talleres a alumnado de cursos inferiores...

Unha iniciativa que pretende unha evolución dos tradicionais clubs de lectura, mesturando escritura, cores, caligrafía, debuxo, libros, ilustracións... Unha maravilla de universo das letras!

 

 

 

PRENSA NA ESCOLA

A prensa e o traballo coa información forma parte fundamental de calquera biblioteca. As noticias, reportaxes, entrevistas, crónicas, publicidade, fakenews... son abordadas nas diferentes actividades a través da prensa na escola.

Para isto contamos coa subscripción a tres xornais :

 

Dentro do noso espazo "BIBLIQUIOSCO" podemos atopar unha ampla variadade de revistas de diversas temáticas: motor, animais, ciencia, natureza, debuxos... 

 

Neste panel, situado na entrada do centro, o propio alumnado elabora presentacións desenvolvendo estratexias informativas, publicitarias, dixitais, creativas... sobre asuntos relacionados co centro e a biblioteca como: conmemoracións, recomendacións literarias, musicais, avisos, galerías de imaxes, vídeos, menús, actividades... Poñendo en práctica dunha forma útil e tanxible a importancia dunha boa información e unha boa presentación da mesma.

E por suposto non podía faltar a nosa ferramenta de prensa máis potente: a radio escolar "Radio Arrabal"

 

LECTURA COLECTIVA

 

A lectura colectiva é aquela na que un grupo de alumnos/as e mestres/as viaxamos a través dunha historía común dun mesmo título literario. Isto permítenos compartir un mesmo universo, personaxes, historias...comentando e traballando sobre o libro elixido.

Na biblioteca contamos cun amplo e rico catálogo de exemplares de lectura colectiva que varían en temática, idioma, idade e número de exemplares que a continuación che amosamos:

 

 

 

BIBLIOXOGOS

BibliOia conta tamén cunha importante colección de xogos que clasificamos por idades. Aquí tés o catálogo de xogos que ofrece a nosa biblioteca:

 

BIBLIOTECAS DE AULA

As bibliotecas de aula xogan un papel fundamental no Plan Anual de Lectura. Funcionan do seguinte xeito:

  • Nas primeiras semanas os mestres e mestras pasan pola biblioteca para coller os libros para as seccións de aula.
  • Múdanse polo menos unha vez cada trimestre.
  • Para unha boa escolla, realízase unha selección variada na que estean presentes tódolos xéneros literarios: cómics, narrativa, poesía, teatro…
  • Tamén é importante incorporar libros informativos e doutra tipoloxía como lectura dixital.
  • Na medida do posible procúranse incluír libros en ámbolos dous idiomas (galego e castelán). Tamén hai un pequeno fondo en inglés.
  • As revistas e xornaistamén están presentes nestas sección de aula, así como o fondo de xogos.
  • Tamén hai libros de lecturas colectivos organizados por número e idade que poden formar parte dos recursos de lectura de aula.
  • equipo de biblioteca asesora neste proceso.

SORTEO CESTAS DE NADAL

E os/as gañadores/as das dúas cestas de Nadal son:

 

 

BIBLICESTAS DE NADAL

Para celebrar o fin de ano Bibli vai organizar o 1º sorteo de dúas Biblicestas de Nadal cargadas de lectura, material escolar, biblicormos extra...

Xogarás co teu número de carné da nosa biblioteca. Se non recordas o teu número ou estás confinado tranquilo/a! Farémoscho saber.

Estate atento a esta páxina web, porque este luns 20 ás 18:00 h daremos a coñecer os gañadores/as.

Moita sorte a todos/as!

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis póñensen en marcha as mochilas viaxieras, cargadas de novidades, lectura, xogos, resvistas... Clicando en cada unha das mochilas poderás observar o contido das mesmas. Esperemos que as gocedes en familia !

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut