TEATRO "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"
O día 22 de xuño, o alumnado de 6º de Educación Primaria, representou no centro, para os demais compañeiros e compañeiras, a obra de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", participando todos e todas en distintos ámbitos da obra (música, decorados, efectos especiais,...)
A continuación, proxectouse o vídeo coa biografía de Carlos Casares, onde participou actuando todo o alumnado do centro.