Tux paint

Programa de debuxo para nen@s

Pontes sobre o río Lérez

26/09/2009 00:00
Atlantic/Bermuda

Como parte das actividades do Proxecto "Make a Wiz" o alumnado de 4º de Primaria durante o curso 2008-2009 fixo estas imaxes có programa Tuxpaint na aula de Informática. Identificáronse varios problemas nos arredores das pontes:

 

O BOTELLÓN

CONTAMINACIÓN DA AUGA

CONTAMINACIÓN DO RÍO

TUXPAINT

Logo de Tuxpaint

 Tuxpaint é un programa de debuxo para nen@s e non tan nen@s de descarga gratuíta. Na páxina de descarga podedes escoller o idioma no que facer a descarga e unha vez descargado configuralo naquel máis adecuado ás tuas necesidades. No cole, nos ordenadores da aula de Informática está en Inglés porque nas sesións de Inglés en Infantil utilizámolo con frecuencia para debuxar seguindo instruccións.Nos ordenadores da biblioteca podelo atopar coas ferramentas e indicacións en galego. Na casa tí eres quen de decidir a língua que queres utilizar.

Non esquezas descarga-los selos que veñen có programa se queres usalos pero nos imos a utilizar nas clases os que creamos coas imaxes que vos fiséchedes.

A continuación podes ver unha presentación de como descargalo e configuralo na casa. Aínda que as pantallas están en inglés tí só tes que seguir os mesmos pasos unha vez que seleccionas o idioma que vas a usar.

  | View | Upload your own

Distribuir contido