Animación á lectura

Visitounos unha escritora: Mariné Lorenzo

00/00/
Array

Programación Biblioteca CEIP M. VIDAL PORTELA

00/00/
Array

PROGRAMACIÓN 2010-2011Dende a nosa biblioteca escolar traballaremos naquelas actividades que fomenten o gusto pola lectura en todos os niveis de ensinanza do colexio, tendo como obxectivo principal a formación de lectores polivalentes.Tal e como figura no proxecto presentado en xuño, a nosa biblioteca conta cun equipo de 17 profesores que colaborarán nas tarefas de mantemento necesarias para un bo funcionamento da biblioteca.Ademais  temos creada dende o curso pasado a Comisión de Biblioteca Escolar, que se reunirá a lo menos unha vez ao trimestre para revisar e aportar novas ideas e colaborar en actividades con outros organismos públicos. Destacar a participación nas tarefas de organización e xestión que o alumnado está tendo nos últimos anos.  Desde o principio de curso buscaranse voluntarios que, de xeito ordenado vaian facendo diversas tarefas, principalmente na hora do recreo, tempo no que a biblioteca permanecerá aberta para uso  de alumnado e profesorado.  Para favorecer o uso da biblioteca de xeito interdisciplinar o espazo estará dividido en diferentes zonas: consulta, xogos, información e atención ao usuario, (dedicada tamén as labores de traballo do profesorado), recursos informáticos e audiovisuais, lectura relaxada, publicacións periódicas e novidades. Establecerase así mesmo un horario semanal de uso por grupos, permanecendo aberta diariamente as 5 horas lectivas. E igual que ao longo do curso pasado, a biblioteca permanecerá tamén aberta polas tardes.Este é o segundo ano que formamos parte do Plambe. Na orde do 14 de setembro saiu publicada a relación de centros admitidos e a cantidade asignada a cada centro. No noso caso contamos cunha asignaciónde 6400€.Dita cuantía aparece repartida en 4 apartados:-fondos-mobiliario-equipos -gastos de funcionamentoDo mesmo xeito  se lle adxudicaron recursos económicos nos presupostos xerais do colexio, como xa se ben facendo nos últimos anos, sendo a asignación neste caso de 2000€. Ao longo deste curso a nosa proposta é a seguinte:-      Establecer un horario de uso semanal por titorías, tanto para o préstamo individual como de aula e outras actividades propostas polos titores e titoras.-      Manter a biblioteca aberta durante todo o período lectivo. Na hora do recreo contaremos coa  axuda dun equipo de alumn@s voluntari@s, que recibirán formación específica para poder exercer de bibliotecarios, e coa supervisión dunha profesora integrante do equipo de biblioteca.-      Continuar coa renovación de fondos e a organización da biblioteca nos diferentes recunchos.-      Crear un blogue da nosa biblioteca escolar.-      Colaborar co salón do libro facendo actividades relacionadas co tema proposto para este curso: “é mentira”.-      Dado que este ano é o Ano Internacional do Intercambio cultural, fixemos unha selección de materiais relacionados co tema que están á disposición dos usuarios da biblioteca.-      Colaborar co equipo de normalización lingüística para levar a cabo entre outras  actividades de conta contos co alumnado.-      Organizar actividades de animación á lectura con autores, ilustradores…-      Establecer un programa de formación de usuarios e outro de formación de bibliotecarios.-      Continuar coa actividade “Mochilas Viaxeiras”, a cal comezou o curso pasado e que neste contamos con ampliar a outros niveis.            O equipo da Biblioteca: María Bugallo, Rosa Picallo, Carmen Celeiro, Mercedes Gándara, Arsenio Núñez, Marina Martínez, Miguel Carreira, Ana del Pozo, Estela Martínez, Josefina Monteagudo, Lupe Jácome, María Carballo, Silvia Chao, Manuel Jiménez, Eva     , Begoña Pérez e Águeda Ruibal.

NOVIDADES CURSO 2009-10

 Este é Piquín, a nosa mascota, e será quen presente todas as propostas da Biblioteca.

NOVIDADES CURSO 2009-10
Distribuir contido