Saltar navegación

Preguntas

DinamarcaNa última de semana do mes de maio de 2019 teredes que expoñer ante todo o alumnado do CEIP Manuel Sueiro as vosas conclusión sobre a cultura danesa a través dun pequeno vídeo de non máis de tres minutos de duración.

Para realizar esa tarefa, antes de nada, teredes que informarvos de que como é a cultura de Dinamarca, para o cal deberedesdar resposta as seguintes tarefas para poder resolver esta Caza do Tesouro:

Para acadar o tesouro, primeiro debedes dar resposta por parellas a 19 preguntas sobre a cultura e tradicións danesas.
(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).


Tarefa individual: Pescuda de información sobre Dinamarca



Para acadar o tesouro, primeiro deberedes responder individualmente a todas estas preguntas: 

(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).   

  1. Que significa “Dinamarca” e danés?
    a. Cal é a súa capital?
    b. Como é a súa bandeira?
    c. Como lle chaman os daneses a súa bandeira?
    d. Cuantos himnos nacionais teñen?
  2. Cales son as fronteiras de Dinamarca?
    a. Cantas ilas a compoñen?
    b. Cantas están habitadas?
  3. Dende cando Dinamarca é unha “monarquía parlamentaria”?
    a. Como se chama a súa raíña?
  4. Como é a súa economía?
  5. Na época viquinga que idioma xorde ou nace?
    a. Canto durou a época viquinga?
  6. Di cales son os 10 beneficios do estado de benestar de Dinamarca?
  7. Exemplos da flora e da fauna típica de Dinamarca.
  8. Escribe 5 recursos naturais de Dinamarca.
  9. Na Unión Europea, Dinamarca, é o pais con maior porcentaxe de produción de electricidade, mediante que enerxía?
    a. Canto vale cada KWh en Dinamarca?
  10. Cal é a lingua propia de Dinamarca?
    a. Hai algunha máis?
    b. C al é?
  11. A educación en Dinamarca ten unhas características propias.
    a. Como é a súa educación?
    b. Cales son os seus principios educativos?
    c. De quen é a competencia a educación?
    d. E a educación secundaria?
    e. A que idade ingresan os alumnos/as daneses/as na universidade?
  12. Cal é a relixión oficial de Dinamarca?
  13. Que importancia ten a “familia” para os daneses e danesas?
  14. Que significa a palabra “Hygge”?
  15. Cal é o principal medio de transporte?
    a. Cal é a porcentaxe de poboación que o utilizan todos os días?
  16. Na súa cultura, cales son os valores máis importantes?
  17. Quen foi o escritor danés que naceu en 1805 e morreu en 1875?
  18. Cales son as festas máis populares de Dinamarca?
  19. Por ultimo e para rematar esta caza do tesouro preguntamos sobre a súa alimentación.
    a. Cales son os alimentos ou produtos que consomen nos seus platos?
    b. Que é un “Klap Sammen”?
    c. E o “Danish”?

Tarefa en grupo: Elaboración dunha galería de imaxes sobre cada unha das preguntas coas que se elaborará o vídeo.


Crearemos un cartafol compartido en Google Drive no cal iremos descargando as imaxes que fagan referencia a cultura de Dinamarca de cada unha das preguntas.

Para elo, por parellas, realizaredes a seguinte actividade:

  1. Elaborar unha galería de imaxes, compartida en Google Drive entre os membros do equipo.


No apartado de Recursos atoparás as ligazóns e materiais necesarios para completar a Caza do Tesouro.