Saltar navegación

Metodoloxía

Metodoloxía

Asegurar a construción de aprendizaxes significativas sobre a función de relación mediante a identificación de órganos, aparatos, habilidades, sentimentos, etc., no propio corpo en experiencias persoais, reforzando a memoria comprensiva coa descrición oral ou por escrito de procesos.

Desenvolver a competencia social e cidadá xerando hábitos e estratexias que contribúan a manter a función de relación e a saúde individual e social, respectando as particularidades dos outros, e interesándose por aquelas medidas e comportamentos que fan o mundo máis accesible a todos.