Crear unha entrada nova
- Unha vez creado o blog, empezaremos a crear entradas.
- Para empezar, clicamos no botón laranxa para empezar a crear unha entrada.
- A continuación, abrirásenos o editor de texto da nova entrada que queremos crear. Esta sería a pantalla coas funcións de cada unha das icona
O primeiro que atopamos é a liña do título da entrada.
Vexamos os botóns que aparecen:
Neste recadro, incluiremos o título que lle queremos poñer á entrada que imos publicar.
Despois de terminada a entrada, pulsaremos este botón para publicala oficialmente no noso blog.
Se non temos tempo para terminar de escribir a entrada, poderemos darlle a este botón para gardala e seguir con ela noutro momento.
Este botón permitiranos previsualizar a entrada que estamos a editar e facer os cambios oportunos se non nos gusta como quedou.
Se decidimos saír deste editor, utilizaremos este botón para dirixirnos á páxina principal do noso blog de Blogger.
No centro da páxina, atopamos todos estes botóns que só son aplicables para o texto da entrada, non para o título desta.
Neste modo, poderemos ver directamente a entrada que estamos creando.
Se coñecemos esta linguaxe, poderemos incorporar diversos modelos, imaxes etc.
Botóns de desfacer e refacer o que fixemos.
Tipos de letra para a nosa entrada (Arial, Times New Roman, Verdana, Xeorxia...).
Botón do tamaño da letra para a nosa entrada.
Botón de estilos predeterminados de encabezados.
Botóns para cambiar o estilo da letra da nosa entrada (grosa, cursiva, subliñado e riscado).
Botóns para lle aplicar cor ao texto. O primeiro cambia a cor das letras, o segundo subliña da cor que se queira.
Este botón encárgase de enlazar unha palabra a unha ligazón. Cando o pulses, aparecerá a seguinte imaxe, onde terás que engadir no recadro a URL que queres enlazar. Tamén se pode enlazar un enderezo de correo dunha persoa, pero non se aconsella.
Botóns encargados de engadir unha imaxe e/ou un vídeo dentro da entrada. Ao pulsar no primeiro botón, o da imaxe, ofréceche distintas opcións para obteres a imaxe: desde o mesmo blog, desde os álbums Picassa, teléfono, cámara web ou desde unha URL dunha web. Para conseguir esta última, teriamos que picar na foto que queremos engadir co botón dereito e seleccionar a opción "Copiar a ruta da imaxe".
Ao pulsar o segundo botón, o vídeo, tamén che dá distintas opcións para obtelo: pódese subir desde o propio ordenador, desde Youtube, desde o móbil ou desde a cámara web do ordenador.
Botón para separar a información que queremos ver desa entrada no noso blog. No editor de texto, aparecerá unha liña separadora. Se entramos no noso blog, veremos que a entrada se corta nese punto e que aparece "Máis información" para ver a entrada completa.
Botóns para colocar a información. O primeiro fai referencia ao formato que queremos que teña a entrada, se se prefire á esquerda, á dereita, centrado ou xustificado. O segundo botón permítenos numerar distintos parágrafos mediante números. O último fai o mesmo, pero no canto de números utiliza círculos para separalos.
Botón que cambia o formato dunha pequena parte de texto seleccionado, de forma que pareza unha cita dun autor.
Botón que elimina o formato de texto que seleccionemos.
Botón encargado de corrixir as palabras que estean mal escritas
Na columna da dereita, atopamos as seguintes opcións:
Para que o lector poida atopar mellor unha entrada específica, é necesario que se inclúan unhas etiquetas ou palabras clave que diferencien cada unha das entradas. Serán separadas por comas para numeralas. Pódense poñer todas as que se desexe.
Se queremos publicar un artigo nun determinado día, e a unha determianda hora, pulsaremos neste botón e seleccionaremos o día e a hora que queiramos.
Opción encargada de modificar se se desexa a URL da entrada.
Esta opción permíteche localizar o lugar no que te atopas ou do que falas na túa entrada. Para iso, ao pulsar, aparéceche un mapa do mundo, e tes que seleccionar ou escribir o lugar que desexas.
Para finalizar esta columna, "Opcións" dános unha gran variedade de alternativas para a nosa entrada: podemos permitir ou non que as persoas comenten, redactar o texto co formato predeterminado ou en HTML e cambiar como queremos crear saltos de páxina.
- Unha vez coñecidas todas as opcións do editor de texto, chega o momento de poñerse ao choio!