Saltar navegación

Preguntas

Leo quere elaborar un cartaz ilustrado sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2021 para empregar no blog do cole. Na nosa clase decidimos colaborar, pero para realizar esa tarefa primeiro témonos que informar da súa vida e obra nas ligazóns que hai no apartado de Recursos. Despois resolveremos as seguintes tarefas para poder resolver a Caza do Tesouro:


Tarefa individual: Pescuda de información sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021


Homenaxeados nas Letras Galegas
Para acadar o tesouro, primeiro deberedes responder individualmente a todas estas preguntas: 

(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).   

  1. En que ano naceu Xela Arias?
  2. Onde naceu e cando?
  3. Co que nome a bautizaron cando naceu?
  4. En que editorial comezou a traballar aos 18 anos?
  5. Que carreira estudou de maior?
  6. De que materias foi mestra?
  7. Que traballos desempeñou na súa corta vida?
  8. Escribe o nome das súas principais obras?
  9. Xela Arias tivo un papel destacado no movemento?
  10. De que enfermidade morreu?


Tarefa en grupo: Elaboración dunha galería de imaxes sobre a súa vida e obra.



Crearemos un catafol compartido en Google Drive no cal iremos descargando as imaxes que fagan referencia a súa vida e obra. Para elo, por parellas, realizaredes a seguinte actividade:

    1. Elaborar unha galería de imaxes compartida en Google Drive entre os membros do equipo. 


No apartado de Recursos atoparás as ligazóns e materiais necesarios para completar a Caza do Tesouro.

Licenza: dominio público