Documentos
Relación de libros de texto e outro material escolar para o curso 2017-2018.
Enviado por Fran Macias o Mar, 2017-06-13 22:45
Prema nesta ligazón para ver a relación de libros de texto para o curso 2017-2018 en pdf.
IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º)
O alumnado de 5º e 6º utilizará recursos dixitais dentro do programa e-Dixgal.
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
A partires do día 27 de xuño e ata o 10 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:00 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( ALUMNADO DE 3º e 4º )
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 6 de xullo de 2017
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 11 de xullo de 2017.
Publicación das listaxes definitivas: 12 de xullo de 2017.
Entrega dos libros ao alumnado: inicio do curso escolar 2017-2018.
Lexislación:
Libros de texto e material didáctico para o curso 2016-2017
Enviado por Fran Macias o Mér, 2016-06-15 16:45Relación de libros de texto e outro material escolar para o curso 2016-2017.
Ver a relación de libros en formato PDF
Utilizaranse os mesmos libros de texto do curso 2015-16, agás en quinto debido á participación no proxecto e-Dixgal (uso de recursos dixitais sen libro de texto de referencia en papel).
IMPORTANTE.
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º,4º,5º e 6º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º )
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
A partires do día 27 de xuño poderán recoller no colexio , en horario de 11:00 a 13:00 , os vales.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días para enmendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º )
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 7 de xullo de 2016
As persoas interesadas poderán reclamar ata o día 12 de xullo de 2016.
Publicación das listaxes definitivas: 15 de xullo de 2016.
Entrega dos libros aportados polo fondo solidario: 12 de setembro de 2016 ( primeiro día de clase)
Ver esta información en formato PDF.
Documentos para a convivencia
Enviado por Fran Macias o Mar, 2016-03-08 11:46Documentos en formato PDF
Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia.
Plan de convivencia.
Na entrada do colexio hai dispoñible unha caixa para recibir suxestións, propostas, ou comunicar incidencias de xeito anónimo. Tamén pode utilizarse para este fin a caixa do correo que está no exterior do colexio.
Protocolo de atención educativa domiciliaria.
Enviado por Fran Macias o Lun, 2015-11-30 19:49Protocolo para urxencias sanitarias e enfermidades crónicas.
Enviado por Fran Macias o Lun, 2015-11-30 19:02
Resumo do protocolo para urxencias sanitarias e enfermidade crónica
Documento oficial: Protocolo para urxencias sanitarias e enfermidade crónica.
Addenda Diabete.
Información sobre o programa "Alerta Escolar"
Formularios para imprimir.
Documento de comunicación de incidencias ás familias.
Rexistro de incidencias do centro.
Ficha do alumno con enfermidade crónica.
Formularios para completar online.
Documento de comunicación de incidencias ás familias.
Rexistro de incidencias do centro.
Libros de texto e material didáctico para o curso 2015-2016
Enviado por Fran Macias o Ven, 2015-06-12 13:59Relación de libros de texto e outro material didáctico para o curso 2015-2016
Debido á implantación da LOMCE e outros cambios lexislativos, faise necesaria unha renovación dos libros de texto.