Libros de texto e material didáctico para o curso 2016-2017
Relación de libros de texto e outro material escolar para o curso 2016-2017.
Ver a relación de libros en formato PDF
Utilizaranse os mesmos libros de texto do curso 2015-16, agás en quinto debido á participación no proxecto e-Dixgal (uso de recursos dixitais sen libro de texto de referencia en papel).
IMPORTANTE.
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º,4º,5º e 6º ), ou a entrega de vales para a adquisición de libros ( 1º e 2º )
SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
A partires do día 27 de xuño poderán recoller no colexio , en horario de 11:00 a 13:00 , os vales.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, terán 10 días para enmendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO ( Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º )
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 7 de xullo de 2016
As persoas interesadas poderán reclamar ata o día 12 de xullo de 2016.
Publicación das listaxes definitivas: 15 de xullo de 2016.
Entrega dos libros aportados polo fondo solidario: 12 de setembro de 2016 ( primeiro día de clase)
Ver esta información en formato PDF.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
libros_2016_2017_exposicion.pdf | 75.05 KB |
nota_librosdetexto_2016-17.pdf | 31.41 KB |