Secretaría
COMEZO DAS CLASES - Curso Escolar 2012/2013
Enviado por Anónimo o Mér, 2012-09-05 10:20E. PRIMARIA: mércores 12, ás 9:30
E. INFANTIL:
Alumnos/as de 5 anos: mércores 12, ás 10:30
Alumnos/as de 4 anos: mércores 12, ás 11:00
Alumnos/as de 3 anos: Informarase individualmente
O servizo de Transporte Escolar funcionará coa antelación suficiente para permitir a chegada dos alumnos ao Colexio á hora de entrada de E. Primaria.
As clases durante todo o curso escolar desenvolveranse en xornada normal en horario de 9:30 a 14:30.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
Enviado por Anónimo o Mar, 2011-06-21 17:41O vindeiro curso escolar 2011/12 o centro participará nun Proxecto Piloto de emprego de Libros Dixitais, polo que os alumnos/as que cursen 6º de E.
COMEZO DAS CLASES
Enviado por Anónimo o Lun, 2010-09-06 17:51E. PRIMARIA: Venres 10, ás 9:30
E. INFANTIL:
Alumnos/as de 5 anos Venres 10, ás 10:30
Alumnos/as de 4 anos Venres 10, ás 11:00
Alumnos/as de 3 anos Informarase individualmente
AVISO DA DIRECCIÓN
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-12-15 16:13SUSPENSIÓN DE CLASES - MÉRCORES, 16 DE DECEMBRO
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.
Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.
Esta medida foi comunicada a este centro de forma oficial ás 14:48 horas do martes, día 15 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que non houbo posibilidade de comunicación individualizada aos pais/nais/titores legais dos alumnos.
COMUNICADO DIRECCIÓN
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-11-03 13:06Ante a situación creada polo crecente absentismo escolar a causa de enfermidade e as numerosas chamadas telefónicas recibidas no colexio, comunícase aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as que a dirección do centro, seguindo o protocolo pertinente, está en comunicación via web e en tempo real co Servicio Galego de Saúde que está en coordinación coa Consellería de Educación. En ningún caso entra dentro do protocolo de actuación do centro a posibilidade de peche do mesmo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »