Secretaría
CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por maria o Lun, 2016-11-07 13:31CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Na primeira reunión da Xunta Electoral fixouse o calendario das eleccións ao Consello Escolar:
- Publicación dos censos electorais (taboleiro de anuncios no interior do centro): 3 de novembro.
-
Presentación de candidaturas: do 4 ao 11 de novembro.
- Elección de representantes: martes, 29 de novembro en horario de 09:30 a 14:30 horas.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016
Enviado por maria o Mér, 2016-11-02 21:43CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL
De conformidade co establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar, o vindeiro xoves, 3 de novembro, ás 09:45 horas, na dirección do centro, procederase á constitución da Xunta Electoral, órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.
Esta Xunta estará formada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servizos; designados os tres últimos por sorteo público.
Fondo solidario de libros de texto
Enviado por Fran Macias o Xov, 2016-07-07 11:58CURSO 2016-2017
VALES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.
Os vales para material escolar que non se recolleran , entregaranse no mes de setembro.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO ( 3º , 4º, 5º e 6º nivel)
A listaxe completa de solicitudes admitidas e excluídas está exposta ao completo na cristaleira da entrada do colexio.
Todo o alumnado solicitante resoltou admitido na listaxe definitiva e recibirá os libros de texto do fondo solidario *.
As persoas solicitantes que aparezan nesta relación deberán comprar ou aportar os seguintes libros.
(Por motivos de seguridade só aparece o DNI do solicitante)
* Como xa informamos con anterioridade , todo o alumnado debe adquirir os libros de actividades de inglés e de música.
Información días non lectivos
Enviado por tamarasalgueiro o Ven, 2016-05-13 17:14Lémbrase aos pais/ nais/ titores legais do alumnado do noso centro que o Consello Escolar acordou elixir como días non lectivos este curso escolar, o 7 de decembro, e o 16 de maio. Polo tanto, o alumnado reincorporarase ao centro o mércores, día 18 de maio.
Información sobre as probas de avaliación de 3º e final de primaria, 6º de E.P.
Enviado por tamarasalgueiro o Mér, 2016-05-04 14:12Datas de celebración das probas:
- Avaliación final de primaria- 6º: 11, 12 e 13 de maio de 2016.
- Avaliación individualizada de 3º de primaria: 24 e 25 de maio de 2016.
Información de interese para as familias do alumnado de 6º:
Durante os días 11, 12 e 13 de maio do presente curso levarase a cabo a realización das probas de avaliación final de educación primaria que ten por finalidade comprobar o grao de adquisición de competencias en comunicación lingüística (lingua galega, lingua castelá e inglés), competencia matemática (matemáticas) e competencia básica en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa.
Información de interese para as familias do alumnado de 3º:
Durante os días 24 e 25 de maio o alumnado de 3º terá as probas da avaliación individualizada. Esta avaliación medirá contidos relacionados coa comprensión oral e escrita, o cálculo e a resolución de problemas matemáticos (competencias en comunicación lingüística e competencia matemática).
Máis información no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18816
Convivencia escolar
Enviado por Fran Macias o Xov, 2015-11-19 10:51Cuestionario de convivencia 2015
No marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria elaborou un cuestionario de recollida de datos dos distintos sectores da comunidade educativa (dirección, alumnado, profesorado, familias e persoal non docente) co fin de facilitar a elaboración dos plans de convivenca dos centros e de establecer o clima escolar de Galicia, guiando as accións de mellora deste.
Cuestionario de recollida de datos para as familias:
https://edu.xunta.es/convfamil
Máis información: Guía de usuario do cuestionario de convivencia
Fonte da información: Consellería de Educación. http://www.edu.xunta.es/portal/families
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »