Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
Start: 13/06/2022 17:37
O pasado 24 de maio o alumnado do cole (3º, 4º,5º e 6º de EP) viaxou á cidade da Coruña para pasar un día GRANDE. Saíron en 3 autobuses sobre ás 9:30 da mañá. Cando chegaron dirixironse ao Monte de San Pedro onde tomaron un pequeno xantar para coller forzas e gozar dos lugares que os estaban agardando. O primeiro destino foi a Casa das Ciencias no parque de Santa Margarida, onde xogaron e interactuaron coa ciencia para así comprendela mellor; a continuación dirixironse cara ao MUNCyT onde, aparte de todo o contido interesantísimo que alí se atopa, tiveron a oportunidade de subirse a unha cabina de avión, toda unha experiencia, sobre todo para aqueles nenos/as que nunca tiveran a oportunidade de viaxar neste medio de transporte. Despois de do Museo de Ciencia e Tecnoloxía esperáballes algo que agardaban con moita ilusión: comer todos xuntos no "Muerde la Pasta" no centro comercial Marineda. Segundo manifestaron, "foi xenial!!!". E por último e non menos atractivo, foron ao Acuario Finisterre, que imos a dicir, outra experiencia inesquecible, sobre todo para eses nenos e nenas amantes dos animais, en especial dos que habitan no mar.
Start: 13/06/2022 18:14
O día 8 de xuño celebrase o Día Mundial dos Océanos. Sabemos que o oceáno cubre máis do 70 % do Planeta, que é a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra. Por todo iso e máis, Nós ,aínda que o día 9 de xuño e por segundo ano consecutivo, quixemos axudar a protexer o noso mar e as nosas praia porque consideramos que todos debemos poñer o noso grao de area, os xestos son necesarios para conseguir un mar limpo, un mundo mellor. Proba de que é necesario é que o océano produce ao menos o 50% do osíxeno do Planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da Terra e é a principal fonte de proteinas para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo. Que máis necesitamos saber para concienciarnos de que temos a misión de conservar a vida no mar para as futuras xeracións. Por todo o anterior, saimos á Basteira co fin de limpala e comprobar se existen microplásticos ocultos entre os graos de area. Sorprendimos positivamente cando comprobamos que a praia estaba bastante limpa, e cando fixemos o peneirado de area deunos como resultado que non había microplásticos tan perxudiciais para os peixes e indirectamente para o ser humano. Sentimonos moi ledos/as!!!. Tamén aproveitamos para xogar na zona das dunas e na beiramar. O sol acompañounos, quizais demasiado, pero resultou unha xornada de convivencia divertida, instrutiva, emocional e de fomento de valores para educar aos nosos/as rapaces/zas.
| 14
| 15
Start: 15/06/2022 23:44
RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.
PREMA NA SEGUINTE LIGAZON PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023. RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023
| 16
Start: 16/06/2022 00:12
O alumnado admitido no proceso de admisión para o curso 2021-2022 deberán formalizar a matrícula presentando o impreso correspondente na secretaría do centro xunto con dúas fotografías tamaño carnet e solicitando cita previa.
Prazo: 20 de xuño-30 de xuño Teléfono cita previa: 881 880 434 IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
| 17
| 18
| 19
|