Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Novembro 25, 2019 »
Lun
Start: 25/11/2019 00:56

O pasado venres, e gracias á ANPA "A BASTEIRA", o alumnado desde EI ata 4º de EP disfrutaron de Contos pola  Igualdade.

A contacontos Raquel Queizás fixo participar ao alumnado e tratou, a través de tres contos, de conciencialos na importancia da igualdade entre xéneros. Gracias.

 
 

 

 

 

 

 

Start: 25/11/2019 01:35

 

Hoxe luns 25 de novembro, se o tempo o permite, o alumnado e persoal do centro participará na Marcha en contra da Violencia de Xénero.

Sairemos ás 11:30 h do colexio cara o Concello para reunirnos alí co alumnado do IES Cabo Ortegal, diversas asociacioóns e veciños e veciñas do pobo.

En caso de chover non sairemos e realizaremos a conmemoración desta data no salón de actos do colexio.

 

 

                 

Start: 25/11/2019 14:21

Ao final o tempo non nos permitiu participar na marcha. No salón de actos tivemos a nosa homenaxe ás víctimas: un alumno e unha alumna de 6º leron un manifesto, colgamos unha pancarta e gardamos un minuto de silencio por todas as víctimas.

MANIFESTO:

O CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE DI NON A:
  • PEGAR
  • INSULTAR
  • VIVIR CON MEDO
  • AO MACHISMO
  • DESIGUALDADE
  • Á VIOLENCIA,
PARA QUE OS NENOS E AS NENAS NON MEDREN SENDO MALAS PERSOAS E PODAN XOGAR EN PAZ.
A IGUALDADE NON SÓ É UNHA PALABRA, SENON UN FEITO CONTRA A VIOLENCIA
DICIMOS SI AO RESPECTO.
PAREMOS A VIOLENCIA.
 
Distribuir contido