Escolares, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Ed. infantil

CERTAME DE FUNGOS E COGOMELOS

Un ano máis participamos no concurso, organizado polo Concello de As Pontes


para os centros escolares, de fungos e cogomelos. Todos os traballos


presentados foron premiados nas distintas categorías de participación.


Para ver os nosos traballos preme aquí.



Mención especial Cartel 2015.

VI CERTAME " AS BOLIQUIERAS"

 

 Para a edición deste ano soamente  se presentaron dous traballos, pero cada un acadou o seu  premio!!!  

  6º curso: 1º premio na categoría de 3º ciclo de Primaria. Presentou o conto “ O teatro galego. Pimpinela”. Coas súas voces, os seus debuxos e con fotos do noso pobo fixeron unha montaxe que mereceu o 1º premio.

  Educación infantil: 3º premio na súa categoría de 3 a 6 anos.

 Presentaron un traballo que forma parte dun proxecto elaborado polos tres cursos de Ed. Infantil “ O casamento do piollo e da pulga”:

Grupo de 3 anos : elaboración do teatriño.

Grupo de 4 anos : elaboración dos personaxes da obra.

Grupo de 5 anos: elaboración do texto e imaxes da obra.Fotos 

ENTROIDO 2013

Preme aquí para ver as fotos.

A VOZ DA MAGDALENA

      Para celebrar o día da prensa o alumnado de 6º curso, como práctica da clase de informática, elaborou un periódico coas  actividades complementarias celebradas durante o presente curso escolar. Pincha en actividades escolares 3º ciclo.

    Anteriormente, o alumnado de 5º e 6º,  fomos visitar as instalacións da Voz de Galicia e o plató de V Televisión. Así tivemos unha visión moi real do que é o mundo da comunicación. Fotos .

A VOZ DA MAGDALENA

MAGOSTO

O venres 11 de novembro festexamos o Magosto no noso centro.
Pola mañá participamos nuns xogos tradicionais e pola tarde degustamos as castañas.

HALLOWEEN - SAMAÍN

 O venres 28 de outubro celebramos o Halloween e Samaín, data que resulta especial para os nenos e nenas pola imaxe que teñen doutras culturas e paises así como da propia.

 Coa motivación de facer un traballo multicultural e interdisciplinar, organizáronse diferentes actividades co alumnado para conmemorar esta data.

Preme aquí para ver as fotos

O MUNDO DA MICOLOXÍA

Un ano máis participamos no concurso "O mundo da micoloxía" organizado polo Concello de As Pontes co gallo da celebración da Feira de Fungos e Cogomelos. Os traballos premiados do noso centro nesta edición foron:

Categoría infantil
3, 4 e 5 anos
Categoría 1º 2º e 3º de Primaria
2º e 3º curso
Categoría 4º 5º e 6º de Primaria
4º e 6º curso
Para ver as fotos de algún dos nosos traballos e a entrega de premios preme aquí.

EXPOSICIÓN DO MILLO


O nenos de Ed. Infantil traballaron o proxecto relacionado co millo a partir do conto "Yaci e a súa muñeca". Contouse coa colaboración das familias para que cada neno e nena elaborara a súa propia boneca.


O obxectivo principal é que os nenos vexan na natureza recursos que poden empregar como utensilios lúdicos e poder frear o consumismo no que nos atopamos.


BLOGUES DO CENTRO:

 

                                                 

 

 

 

 

Distribuir contido