VI CERTAME " AS BOLIQUIERAS"

 

 Para a edición deste ano soamente  se presentaron dous traballos, pero cada un acadou o seu  premio!!!  

  6º curso: 1º premio na categoría de 3º ciclo de Primaria. Presentou o conto “ O teatro galego. Pimpinela”. Coas súas voces, os seus debuxos e con fotos do noso pobo fixeron unha montaxe que mereceu o 1º premio.

  Educación infantil: 3º premio na súa categoría de 3 a 6 anos.

 Presentaron un traballo que forma parte dun proxecto elaborado polos tres cursos de Ed. Infantil “ O casamento do piollo e da pulga”:

Grupo de 3 anos : elaboración do teatriño.

Grupo de 4 anos : elaboración dos personaxes da obra.

Grupo de 5 anos: elaboración do texto e imaxes da obra.Fotos