Este ano haberá moita arte...

Feliz Mércores...

 

 

 

Ola ola caracola!

Xa mércores, que rápido pasan os días eh?. Hoxe toca educación física, matemáticas e lengua castellana. Non esqueades comentar cos profes todo o que vades facendo e tamén o que non sabedes ou non podedes facer. É importante falar con eles para que saiban como vos van indo as cousas.

Na web de orientación aparece hoxe unha entrada para as familias sobre "A Resiliencia"(clic aquí)  que ven sendo a forza que temos para levantarnos despois dunha caída, e nestes momentos boa falta nos fai aprender moito sobre diso e sobre iso tamén vai o video que vos puxen a continuación que espero que vos goste.

Ata mañán!