O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioA compañía Berrobambán arrancou esta semana no Concello de Mañón a segunda temporada de "Facer Memoria", un proxecto escénico e vivencial no que se brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas, e quixeron pasar un ratiño no noso centro coas rapazas e rapaces para falar do traballo que realizamos o curso pasado, "As Mulleres do Concello de Mañón". Facer memoria, é un proxecto que conta co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de axudas a Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural na Provincia da Coruña, parte así da tradición oral, da creación comunitaria e da descuberta colectiva para desenvolver un proceso teatral que desemboca nun encontro-espectáculo no auditorio municipal de cada concello no que a veciñanza participante intervirá sobre as táboas. Os obxectivos principais de Facer Memoria pasan por coñecer a historia dos lugares que habitados e a súa contorna directa, recuperar a memoria oral, conservar a lingua e darlle valor á memoria individual como paso previo para reconstruír a memoria colectiva. Para acadar estas metas, establécense sinerxías e técense redes de colaboración con asociacións e entidades locais dos diferentes municipios polos que xirará este proxecto de Berrobambán.
Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |