O NOSO CENTROBIBLIOTECA ESCOLARCALENDARIO
A NOSA MASCOTALIGAZÓNS DE INTERESEACTUALIDADE EDU.XUNTA
Iniciar sesión |
Responder ó comentarioENCARNA - Lun, 04/03/2019 - 22:44
ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020 O proceso de admisión do de alumnado para o curso 2019/2010 estará aberto do 01 ao 20 de marzo do 2019.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2019-2020
SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 1- 20 de Marzo, ambos os dous inclusive. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. Deberá presentarse a seguinte documentación:
Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo de centro.
A presentación de documentación acreditativa do baremo sería unicamente necesaria se houbera unha demanda de prazas superior á oferta. Faríase nos 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS Listaxe provisional: antes do 25 de Abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe. Listaxe definitiva: antes do 15 de Maio. FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 20 - 30 de Xuño. Deberase presentar a seguinte documentación:
CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO Abrangue as parroquias do concello de Mañón:Grañas, Mañón, As Ribeiras do Sor, Santa Mª de Mogor ( O Barqueiro) e Bares. As áreas limítrofes serían os concellos de O Vicedo, Ourol, Muras, As Pontes e Ortigueira.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:
O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula. Asimismo, segundo a Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este, ao longo domes de maio decada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar. Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro. Responder |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |