Iniciar sesión: Acceso

1º e 2º Educación Primaria

Blog de 1º e 2º

RELIXIÓN

Ola a todos e todas!!!!

Que tal ides? Xa estamos a metade de semana. tedes moitas cousas que facer aquí postas na web, todos e todas podedes escoller as tarefas que máis os gusten.

Deixovos un adxunto cunhas propostas de relixión moi doadas e divertidas, así como algún vídeo. Facedelas cando vós veades e si tedes gañas de cambiar un pouco de tarefa.

Seguide moi animados!!!!! Pronto volveremos a estar todos xuntos no cole tan bonito que temos!

Mil bicos para todos e todas!!!!

Flor.

Guiño

Contos en galego para 1º e 2º

Bo día. 

Son Candi

Deixovos aquí un enlace para escoitar contos en galego. Están moi ben.

ÁNIMO 

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=1

REPASAMOS OS ANIMAIS

Boa tarde.

Son Candi.

Déixovos unha ligazón para traballar os animais. Podédelo traballar tanto 1º coma 2º.

https://docs.google.com/presentation/d/16ar2Tms8H77rRiZC86dBFxP6A2oBLw2B...

Ánimo!

RECOMENDACIÓNS PARA A CASA 1º E 2º

Bos días.

Son Candi.

Mándovos unhas recomendacións para traballar contidos relacionados coas rutinas diarias que estes días veñen moi ben.

Antes de nada mandarvos moito ánimo para que traballedes con ledicia e sen desesperación.

Establecer uns horarios tamén podería axudar a levar esta situación mellor.

Sodes uns campións!

  • Tódolos días imos a repasar o día que é, o día anterior e posterior. Tamén imos a lembrar o mes no que estamos e a estación, xa que pronto teremos un troco.

Non estaría de máis escribilo.

  • Relacionamos as rutinas do almorzo, xantar, merenda e cea, baño… coa hora do reloxo. Imos a ir mirando a hora do almorzo, a hora da ducha e así cada cousiña que fagamos.

Sobre todo para familiarizarnos co reloxo.

  • Quería propoñer tamén unha actividade para traballar os conceptos máis que…/ menos que… podemos repartir pinturas ou pinzas para colgar a roupa entre dúas persoas da casa e comprobar quen ten máis, cantas máis, que operación temos que facer para chegar a sabelo. E o mesmo co concepto menos que… xa sabedes que non é necesario repartir moitas. Lembrade o que practicamos na clase.
  • Ademais de ir facendo as fichas que vos mandei nas carpetas.
  • Debuxar e colorear.
  • Ler un pouco cada día.
  • Xogar a xogos de mesa: parchís, oca, dominó…

Xa tedes moitas cousas para facer. Descansade e gozade tamén do tempo en familia, sen desanimarse. Mándovos un saúdo cóbado con cóbado.

ANIMooOOOoooo. 

Distribuir contido