Bo día.
Como xa vos dixen fago as seguintes recomendacións para traballar esta semana.
- Repasar tódolos días o día da semana, mes do ano e estación. Ademais ir mirando o reloxo para familiarizarnos con el.
- Facer en cartón, cartulina ou en folio 5 barriñas de decenas, xa sabedes teñen que ir compostas por 10 cadradiños pequenos e pintadas en vermello. Tamén facer 15 cadradiños de unidades en azul. Igual que as que tiñamos en clase para facer números.
- Facer en cartón, cartulina ou folio 2 moedas dun euro, 2 moedas de 2 euros un billete de 5 e outro de 10 euros. Pedídellos os adultos e pintadeos no papel.
Xogar, escoitar, ler, cantar, ver películas e logo contarllas algún membro da familia
En definitiva, DIVERTIRSE E DESCANSAR.
Moito ánimo sodes uns CAMPIÓNS
Candi