Ola familias!!
Esta semana continuamos coas propostas de Nadal!! Tamén contamos coa visita de Gemola que nos contou o seu conto "Klad, o papagaio adhesivo". Podedes ver a publicación na sección de biblioteca.
O elfo estes días tamén estivo moi activo. Seguiu coas súas trasnadas.
E tamén continuamos co calendario de advento, que como sabedes en cada saquiño temos unha proba (adiviña, pregunta...). Nun deles o reto era facer unha árbore de Nadal!!! Que bonito quedou!!
Unha das propostas de motricidade fina foi decorar unha árbore de Nadal feita de oveiras con boliñas, pero había que usar as pinzas e iso conleva un maior traballo das nosas mans para que collan forza, sen esquecer a parte creativa.
Tamén traballamos a pinza, pero esta vez coas pipetas para poder darlle cor a barba de Papá Noel.
Como proposta de lecto os maiores decoraron unha árbore con gomets asociando as maiúsculas coas minúsculas.
Os peques de 4 anos tiñan un saquiño cunha goma de Nadal e as letras para formar o seu nome. E así, coa axuda da tarxeta, completaron todo!!
E os peques de 3 fixeron o mesmo, pero as letras estaban algo mesturadas.
E xa temos elaboradas as bolsas para os traballos deste trimestre. E como queremos fomentar a autonomía eles/elas mesmos/as se pintaron as mans que estamparon na bolsa. Despois marcaban a forma dun triángulo e o cortaban, o pegaban e o decoraban con gomets de cores. Que orgullosa estou deles e delas!!
Tamén houbo unha proposta con plastilina, esta vez con moldes e selos de Nadal.
E tamén elaboramos a portada dos traballos: decoramos unha luva de inverno con grafismos creativos adaptados a cada idade e ritmo madurativo, as pegamos na cartolina e decoramos o fondo con copiños de neve: os peques de 3 anos fixéronos cos seus dediños e pintura branca, e os maiores con rotulador azul.
E por suposto tamén houbo propostas de lóxica matemática. Os maiores completaron unha árbore de sumas: partiron dun número de base e foron sumándoos ata chegar arriba de todo.
Os de 4 anos contaron os elementos que había iguais e apuntaron o número, traballando así a grafía.
E os de 3 anos contaban os obxectos de Nadal dunha tarxeta e cunha pinza marcaban o número correspondente.
Outras das propostas de aproximación á lecto escritura foi para os maiores a de ler unha tarxeta con vocabulario destas datas, buscar o debuxo corresponente e despois formalo en minúscula.
Os máis peques da clase buscaron a inicial de obxectos de Nadal.
E os peques de 4 anos completaban os nomes con vogais ou consoantes.
E xa comezamos a elaborar as postais de Nadal!! Primeiro decoramos a man do Grinch e picamos unha boliña. A semana que ven as rematamos.
Outra das propostas de motricidade fina foi decorar con contas pequenas unha árbore especial feita con limpapipas (esta actividade foi para os maiores).
Os de 4 anos decoraron a barba do Papá Noel e os de 3 anos fixeron un bastón de caramelo cunhas boliñas máis grandes.
A semana que ven é a última do trimestre, pero está chea de sorpresas!!