Iniciar sesión: Acceso

DESPEDIMOS NOVEMBRO E LLE DAMOS A BENVIDA AO MES DO NADAL

Ola familias!!!

Estas son as actividades que realizamos esta semana.

Manipulamos e xogamos co minimundo do outono no que había lentellas, tractor, cabazas, nims e moitas setas de diferentes cores.

Estivemos traballando a atención e a coordinación óculo- manual con dous xogos: un era novo que consistía en formar o sandwich segundo as indicacións das tarxetas, e outro xa o coñecíamos, que era o de formar as torres coas pezas que nos indicaba unha tarxeta.

Seguimo afianzando a asociación grafía- cantidade, o conteo, as sumas e a atención cun xogo novo no que tiñamos que poñer tantos animais de cada tipo como nos dicía unha tarxeta e logo contar cantos animais había en total.

Tamén fixemos a última actividade de arte do outono na que deixamos a forma dunha folla no medio dunha cartolina estampando esponxas con pintura laranxa ao redor da folla. Pero esta actividade no remata aquí. Guiño

Como proposta de lectoescritura os peques de 4 anos completamos o nome dunhas imaxes poñéndolle as vogais (actividade que xa realizáramos a semana pasada de forma máis manipulativa).

Os peques de 3 anos seguiron afianzando o seu nome: primeiro o formaban con selos de letras, despois o facían repasando os puntiños e por último de forma autónoma.

E os peques de 5 anos formaban o nome dunhas imaxes avanzando así na conciencia fonolóxica, sempre respectando o nivel de cada un/unha.

O venres cando chegamos á clase tiñamos varias sorpresas:

Un calendario de advento no que imos ir abrindo cada día un saquiño, no que temos unha pequena proba (adiviña, reto de lectoescritura...) e un agasallo de Nadal.

Pero a maior sorpresa foi ver de novo ao noso amigo o Elfo que ven do Polo Norte a pasar unha tempado con nós. O que pasa é que lle gusta facer trasnadas e o primeiro día deixounos un saúdo na pizarra moi creativo, estando él enriba. A ver que fai os próximos días!!Guiño

Tamén tiñamos un buzón no que apareceu unha carta que nos falaba da chegada do Elfo, e sabedes quen a firmaba? O mismísimo Papá Noel!!!

Como rematamos o mes de novembro fixemos o rexistro do tempo contando os pompóns que hai en cada bote e deixando todo rexistrado nunha folla.

E como está acabando o trimestre, tamén estamos rematando o proxecto dos flamengos. Nesta ocasión fixemos a portada construíndo un quebracabezas de flamengos e formando o seu nome con selos de letras de cor rosa.

A vindeira semana é máis curta, pero estará chea de novas propostas de Nadal e esperando ver que sorpresas nos ten o Elfo.