Iniciar sesión: Acceso

DESPEDIMOS O SAMAÍN E XOGAMOS EN FAMILIA!!

Ola familias!!

Esta semana despedimos o Samaín por todo o alto, pero tamén tivemos tempo para realizar outras actividades!!

Aquí tedes un vídeo da nosa reacción ao chegar o luns á clase e ver todo o que había.Sorriso

Dentro das propostas estaba a primeira provocación co cubo Montessori, nesta ocasión relacionada co Samaín. Como experimentamos e deixamos voar a nosa imaxinación!

Tamén tivemos unha mesa sensorial moi terrorífica: creamos brebaxes de bruxa mesturando líquidos de diversas cores, sen esquecer que estamos traballando moito a nosa motricidade fina (aínda que non sexamos concientes do gran traballo que facemos).

E tamén seguimos a receita dunha apócema chea de bichos, reforzando o conteo e a asociación grafía- cantidade.

Esta semana o conto foi este no que coñecemos a orixe do Samaín e como se celebraba hai moitos anos.

E como proposta de arte decoramos unha tea de araña, tanto de cores diversos desenvolvendo a nosa creatividade como con grafismos creativos que nos achegan a lectoescritura.

Ademais a auxiliar de conversa nos contou un conto de Spot, un canciño ao que lle temos moito agarimo.

Na sesión de valores, este mes traballamos a responsabilidade. Dentro dela está o coidado do medio ambiente, e a reciclaxe é unha labor importante para poñer o noso graniño de area e coidar o entorno que nos rodea.

O xoves démoslle a benvida a un mes novo e polo tanto tivemos que facer o rexistro do tempo do mes anterior. Nesta ocasión probamos a facelo todos a o mesmo tempo para traballar o tempo en espera, posto que cada un ten o seu ritmo.

E por fin tivemos a primeira sesión de XOGANDO EN FAMILIA!!! Algunhas das nosas familias viñeron a xogar con nós a xogos de mesa.

Os peques de 3 anos xogamos a "El frutal" no que tiñamos que gañarlle ao corvo e coller todas as froitas das árbores antes de que se formase o quebracabezas do corvo, e tamén ao "Dobble" no que temos que estar moi atentos para atopar o obxecto común entre dúas tarxetas.

Os peques de 4 anos xogamos ao "Grabolo" e ao "Zingo", dous xogos nos que a atención é moi importante para poder coller o obxecto que nos indica o dado no primeiro xogo, ou completar o cartón cos elemento que temos e gritar Zingo!!!

E os peques de 5 anos puidemos disfrutar do "Color line" no que temos que conseguir completar o cartón con todas as boliñas de cores que lle corresponden, pero temos que traballar o noso control inhibitorio posto que se tocamos o timbre antes de tempo e non debíamos perdemos bola.

Tamén xogamos ao "Speed cups", no que a atención e rapidez visual son fundamentais.

Moitas grazas familias!!! Estamos desexando repetir e poder xogar coas demais familias!! Pronto outra sesión Guiño

Ata a próxima semana!!