Biblioteca curso 12 - 13

Plan Mellora de Bibliotecas Escolares do curso 2012-2013

         
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2012-2013

"VALORES ARREDOR DOS AUTORES III"

 
 

 Para continuar activando a dinámica da Biblioteca e tendo en conta a relevante importancia dos valores, decidiuse que a liña prioritaria de actuación sexa traballar estes valores. Da man dos contos, o alumnado ten a oportunidade de reflexionar e actuar en sintonía coa súa madurez e realidade; ao mesmo tempo que lle dan seguridade. Hai unha linguaxe próxima que lle acerca ao mundo da fantasía e lle axuda a crear e desenvolver a súa propia imaxinación. Unha linguaxe coa que gusta de aprender, compartir experiencias e pode axudar a modificar condutas.

 Nesta liña de actuación para o este curso presentaremos o VALOR de: A AMIZADE  E A XENEROSIDADE  moi próximos a eles e á súa realidade, sen deixar de afondar e consolidar os valores do esforzo, o respecto ás diferenzas e a responsabilidade; fundamentais para o seu crecemento integral e o amor e respecto aos seus maiores.

  Para comezar a mergullarnos no sentimento de a amizade e a xenerosidade, pensamos no motivador manancial próximo e querido por todos nós e o noso alumnado: O ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS. El representa verdadeiramente este valor: amigo de todos os nenos e nenas, amigo e amante dos libros e das bibliotecas, cheo de xenerosidade, sempre disposto  a compartir o seu tempo e a súa sabedoría con todos nós.  

De aí, a nosa pretensión de que, esta biblioteca, leve o nome dun autor ferrolán tan coñecido e querido por todos:

"ANTON CORTIZAS"

 
  ACTIVIDADES  DA  BIBLIOTECA  
     
   APADRIÑAMENTO DA BIBLIOTECA VISITA DE VIOLETA MONREAL  VISITA DE GISBERT  
         
         
  VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS VIOLETA MONREAL VISÍTANOS DE NOVO CONTACONTOS DE KALANDRAKA  
         
   
  MES DO LIBRO: ANTÓN CORTIZAS VISITA DE XABIER DOCAMPO CONTACONTOS DE ANAYA  
         
   
   DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL DÍA DE ROSALÍA DÍA DO LIBRO  
         
         
   MEMORIA 12 - 13 COLOFÓN: OS VALORES NOS CONTOS

GUÍA DE LECTURA NADAL 2012

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2013

 
 

 

     

DE NOVO: ANTÓN CORTIZAS

         
           
         
         
   

 O día 22 de maio, o alumnado de 4º curso puido engadir un novo "regalo literario" á súa aprendizaxe. Esto fixoo posíbel o escritor Antón Cortizas.

   
         
   

 

  Rosalía e os equinodermos foi a obra de Antón seleccionada para que leran os rapaces. Ademais do pracer da lectura, os nenos e nenas non vían o día de poder facerlle a Antón unha morea de preguntas sobre a arte de ser escritor.                                                   

    Chegado este día soleado do mes das "nosas letras", Antón entrou na biblioteca que quere tanto; tanto, que lle prestou e, mesmo parece, lle regalou o seu nome.

    Coa súa presenza, apareceu a calma e a atención. E, atentamente o recibiron cun muíño de vento, feito seguindo as instruccións do libro do autor: Tastarabás.

   E, sen présa, pero sen pausa, Antón, botando man duns materiais tan sinxelos coma un escarbadentes e unhas tiriñas de papel, fixo, para ledicia de todos, unha buxaina que bailaba e bailaba manténdose de pé.  

                              

                                                                                                                          

   
         
   

 

 Do tempo de enredar pasaron ao de preguntar:

"Por que nos teus libros aparece o nome de Rosalía? En que tempo escribiches Rosalía e os equinodermos? Tes pensado publicar algún libro proximamente? A quen llo dedicarás? Que hai que facer para ser escritor?"... Aquí, Antón tomou a palabra e, dese xeito que el ten de mesturar o traballo de profesor co escritor que leva dentro, díxolles:

   "Un pode escribir moito e moi rápido, pero para escribir ben hai que observar moito, escoitar outro tanto, e despois imaxinar; xogar coas palabras, escribilas, reescribilas, ler o que se escribe, mesmo en voz alta; xuntar o fondo coa forma e notar que quedan ben, que soan coma se fose música, que fan sentir".

                                      

   , ,
         
   

 

        Para agradecerlle tantas ensinanzas, tiñan escollido e musicado un poema que da título á súa obra Érase unha vez na quimbamba,e cantáronlle a coro.


 

   Tamén lle regalaron un libriño cunha tarxeta, na que con moito agarimo lle escribiron:

"Padriño, ti es a nosa estrela".

 

                                                         

   
         
   

Premendo na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.

   
         

PREMIOS "POESÍA E IMAXE"

     
  CONCURSO "POESÍA E IMAXE"  
 

O día 6 de maio foi a xornada de inauguración da mostra de traballos seleccionados nas diferentes categorías, incluindo ademais a entrega de premios, do XIII certame Poesía e Imaxe, en galego sen filtro.

Os participantes neste concurso tiveron que realizar unha creación artística a partir de fragmentos de poemas de literatura universal en todas as linguas como mirandesa, xaponesa, catalá, persa, portuguesa e galega entre outras, coas correspondentes traduccións.

No noso centro foron premiados o colectivo de 2º A cun traballo de María Mamede en lingua portuguesa e a alumna Laura Galindo de 3º A cun traballo sobre unha poesía mirandesa. Parabéns a todas e todos.

A mostra permanecerá no "Carvalho Calero" de Ferrol ata o día 31 de maio.

 

DÍA DO LIBRO 2013

             
             
                        

23

DE

 ABRIL 

 

 
               
             
   

  

O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 finaron Miguel de Cervantes e William Shakespeare

     É por este motivo que a UNESCO elixíu esta data para homenaxear ao libro e aos autores, animando a todo o mundo a descubrir o pracer da lectura: "Leer para vivir", lema para o Día Mundial do Libro 2013.

 

   
             
   

 CELEBRACIÓN  NO  COLEXIO

   
   

   Nós tamén creamos un lema:

 ""


   
   

      Cada alumno/a comparteu cos demais a paixón polo seu libro preferido, rotulando o título e facendo unha ilustración alusiva.

 

Con todos os traballos fixemos unha exposición na subida da escaleira

    

            

 

   
     

 

     
     

 

  En educación infantil decoramos os corredores co traballo :

""



     
     

 

 

 

   
     

 

     
   

  

 

 

 

"COMPARTIMOS  HISTORIAS"


Na semana do 15 ao 19 de abril o alumnado de cada curso leu un conto tradicional ao curso do nivel inferior.

 

 

                        

   Aquí están nenos e nenas de 1º facendo unha representación para os grupos de 3 anos. 

 

 s    
   

 

 

     
   

ACHEGÁMONOS Á OBRA DE  CERVANTES: 

         "O QUIXOTE"          

 

   
   

Para coñecer a introducción á obra máis relevante de Cervantes, utilizamos este vídeo:

   
     

  

    


 

   
     

 E este outro vídeo para aprender a canción: "Quijote, Sancho".

     
     

   

 

     
     

 

     
     

 

CELEBRACIÓN CONXUNTA

     
 

 

 

    

O 23 de abril, día grande no mes do libro, celebrámolo todos xuntos no patio, nun breve, pero significativo acto literario. 

 

               

   
             
   

 

UNHA MOSTRA DAS PRODUCCIÓNS DO ALUMNADO RELACIONADAS CON ESTA CONMEMORACIÓN      
   
     
             
            Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe                       
             

ANTÓN CORTIZAS-MES DO LIBRO

         
         
           
         
 

  17

  DE

  ABRIL

 

  

  No mes por excelencia dos libros, o padriño da nosa biblioteca, non nos deixou sen o seu agasallo en forma de encontro literario.

 

    
   

 

   
    

    Esta vez fixo latexar as mentes do alumnado de

5º e 6º de Primaria.

 

    Leron o conto   A bruxa sen curuxa, e sobre el, fixéronlle a Antón unha morea de preguntas.

   
   

 

   
   Recitáronlle ao escritor poemas en galego.              

Antón

correspondéulles

facendo alí

mesmo

un bugallo

que soa coma

unha curuxa.

E un chifre de lata.

 
         
 

Ademais, Antón Cortizas, sorpréndenos gratamente neste mesdo libro, ao publicarse a súa obra TASTARABÁS:

"Catálogo de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza". 

 

Que sorte que hai xente tan sensible que se fixa nas pequenas cousas!. Todas xuntas fan algo ben grande!. 

Tantas coma as augas de abril.

 
         
         
         
       

VISITA DE XABIER P. DOCAMPO

             
             
  

 

  

                                                                                                                                       

      
             
             
   

E chegou o 15 de abril. O día esperado polos cursos de 1º e 2º de Primaria para encontrarse co escritor e profesor  

Xabier Docampo.

   
     

  Chegou e mirounos. Sorprendeunos moito o seu conto que seguro saíu do seu sombreiro. Non tivemos moito tempo para falar con el, pero nós disfrutamos moito lendo os seus libros: A nena de auga e o príncipe de lume,  e  A decisión de Valerio.

     
     

 

     
     

    Deixou unha fermosa pegada nas dedicatorias que escribíu nos libros dos nenos e nenas, xa que eran debuxos diferentes. 

     
             
       

Gustaríanos disfrutar dunha maneira máis sosegada da maxia das túas palabras.

     
             
                         
             

CONTACONTOS

     
     
       
     
 

 

O día 11 de abril, os nenos e nenas de Educación Infantil  atopáronse cunha sorpresa na biblioteca do colexio. Alí, invitado pola editorial Anaya, esperábaos o"contador de contos" Iago López, e o seu libro xigante. 

 

 
 

 

 
 

Linda á espreita , foi o conto elixido por Iago L. para facerlles

imaxinar, rir e participar

                     

 
     
                  
     
 

Cada vez que alguén nos conta unha boa historia, fainos  medrar.

 
 

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

         
          
   

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 

 2 de abril 

    
         
   

 

   O día 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil, en homenaxe a Hans Christian Andersen, escritor danés que naceu ese mesmo día de 1805. Da súa imaxinación saíron contos tan coñecidos como: O soldadiño de chumbo, O parrulo feo, O traxe novo do emperador...

   Trátase de promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e animar á lectura aos máis pequenos.  

                       

 

       
         
   

 

  No colexio dedicaremos estes días a sesión  "A hora de ler"  a recordar contos de Andersen que todos temos no maxín, e a ler outros do autor que o noso alumnado aínda descoñece, porque a lista é longa...

   Tamén coñeceremos outros contos a través de vídeos.

 

   
         
   

 PREMENDO NA IMAXE PÓDESE ACCEDER A UNHA LISTAXE DE CONTOS DE ANDERSEN    

   
         
       Fai clic en cada título e... A  DIVERTIRSE!!!    
         

CONTACONTOS

 

   
     
                                 
     
 

    

     O 26 de febreiro, o alumnado de cinco anos e de primeiro do  colexio Isaac Peral, disfrutou dunha sesión de contacontos a cargo de Patricia González e Álex Fente, do equipo de animación á lectura de Kalandraka.

    Os petos de Loreto amosáronnos moitas sorpresas. A galiña roxa e a serpe Críctor  contáronnos historias moi divertidas; e aprendemos a importancia que ten traballar con ilusión e axudar ás persoas que nos rodean.      

 

 

 
 

 

 
 

 CANTAMOS,  XOGAMOS,  ESCOITAMOS  E... PASÁMOLO  MOI  BEN!

 


                   

 

 

 
     
   PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS            
     
          
     

DÍA DE ROSALÍA 2013

     
     
  CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA  
     
  O día de Rosalía celébrase o 24 de febreiro en conmemoración da data do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Este ano ademais conmemórase o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos.

Nos centros de ensino este ano celebrámolo o venres, día 22 de febreiro. E no noso centro escollimos o seu poema Adios ríos, adios fontes, para traballar na aula durante a semana do 18 ao 22 e este último día cantamos todos xuntos no patio a versión cantada por Amancio Prada deste poema.

 
  Estas son as imaxes da celebración conxunta  
   
     
  Algúns dos recursos utilizados nas aulas foron os seguintes:  
 

Para coñecer a vida e obra da escritora galega máis universal a Fundación Manuel María de Estudos Galegos dispón na súa web dunha exposición en 20 paneis que se espuxeron no centro, así como unha unidade didáctica.

 

http://www.manuelmaria.com/recursos/outros.htm

 
     
 

Nesta presentación coñecemos datos sobre a vida e a obra de Rosalía


 
     
 

Para aprender o poema Adios ríos, adios fontes utilizamos os seguintes videos.

Neste aparece a letra da poesía.


E este cunhas belas imaxes


 
     
     

VISITA DE VIOLETA MONREAL

 

     
     
                   
  

 

 

 

 

 
 

                                    

                             manifesta o seu desexo de que

              transmitamos ás familias o pracer que sente de estar cos

             vosos fillos e fillas, e canto agradece a vosa axuda na

            elaboración dos sombreiros cos que o alumnado de 4º

           curso a recibíu o día 22 de xaneiro na biblioteca.

                    

         

 
 

Nós agradecemos como nos fixo pechar os ollos,

e sentir que somos capaces de crear algo coas nosas mans,

de sacar de dentro a idea. As súas verbas transmiten forza e

sentimentos: "Si algo me sale mal no espero a que me lo digan. El

truco de todo es no esperar a que nos corrijan, sino darnos cuenta y

corregirnos solos para mejorar. No trabajamos para los profesores ni

para nuestros padres, trabajamos para aprender a corregirnos. Porque

vosotros tenéis una gran responsabilidad, que es cambiar el mundo para

 mejorarlo".Así falou a un público moi entregado...

 

      

                                

                       

 
 
 
Este é o libro que servíu de inspiración aos alumnos e alumnas de 4º. 

Igual  que Pamela, parecen transportados ao país de Jipi-Japa,

donde    tódolos seres levan sombreiro. 

 
 

 

 
           
 

 

 

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS

         
     

 

                                            

 
     
     

 

 

 

                                                        O 19 de decembro, desembarcou no Isaac

                                             Peral o escritor  Antón  Cortizas,  para                  

                                   mergullar ao alumnado nas delicias da maxia

                           da papiroflexia. E así, ler de maneira diversa e

                   divertida cos terceiros.

                                           

                                                                                        

                  Poemas para ler de esguello ou que precisan dun espello:

              "unha maneira diferente de poñerse a ler".

 
     
     
      Pódense ver as fotos da visita de Antón premendo na imaxe        
                                               

VISITA DE JOAN MANUEL GISBERT

     
     
  

                               

 
     

 

                                                                               

   O pasado 19 de novembro, por primeira vez no noso centro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiveron a oportunidade de contar coa visita do escritor catalán JOAN MANUEL GISBERT.

   Entre a súa extensa e recoñecida obra, pois conta no seu haber cos máis prestixiosos premios, escollemos

"Agualuna" e "La maldición del arquero". Dous relatos fantásticos ambientados na Idade Media, a súa etapa

preferida da historia, tal como lles manifestou aos nosos alumnos.

                                                                                                  

 

 

 

   As actividades relacionadas con esta visita prolongáronse ata esta semana, integrándoas dentro da programación de lingua galega.

          - Búsqueda de información sobre a vida do autor.

          - Envío dun correo electrónico ao autor.

          - Resposta do autor ao noso correo, que deu pé para traballar o parágrafo na expresión escrita.

 

 

 

 

    Estes encontros co autor supoñen una motivación especial para o alumnado, xa que a lectura en común dos libros, permítenos mostrarlles a calidade literaria das obras escollidas.

 

 
 

 

 
 

  Para acceder a unha lista de obras de Gisbert clasificadas por idades, facer clic na imaxe  

 
                                                     
   Premer na imaxe para ver as fotos deste acto literario        
     

MOCHILA VIAXEIRA

               
               
   

     A  CALQUERA  HORA

         A  LECTURA  É  BOA!!! 

  

     
               
     

  A mochila viaxeira sae de expedición 

        con carga de ilusión        

 para en familia entrar en acción;

e logo, compartir moita comunicación.    

 

     
                
               
                    Boa viaxe!  Lendo, chégase  máis  lonxe.                                      
  
     
               

VISITA DE VIOLETA MONREAL

           
           
    VISITA DE VIOLETA MONREAL    
           
           
      O día 7 de novembro, a maxia das palabras invadíu a nosa biblioteca.

   Violeta despertou a admiración do alumnado do primeiro ciclo. Despois de traballar algúns dos seus libros nas aulas,os nenos e nenas viviron a emoción de compartir con Violeta as súas inquedanzas.

   Tamén quedou reflectida a maxia das súas mans que foi respostada cos aplausos dos nosos alumnos e co seu asombro.

   Unha vez máis, grazas, Violeta, por facernos pasar uns momentos tan cheos de agarimo. 
  

 
           
     Estas foron algunhas das imaxes dos nosos soños.    
           
           
                                                             
    Violeta:" Mans de fada e corazón de nena", como di a súa biografía      
           
       
    Así quedou a obra imaxinada e realizada pola autora, que recibiu os aplausos de todos.    
           
      ... E todos recibiron unha nova dose de creatividade. Máis tarde así o demostraron nas aulas.           
           
           
           
    Para ver todas as imaxes da visita da ilustradora Violeta Monreal premer na imaxe       
           

A BIBLIOTECA ANTÓN CORTIZAS

             
             
      APADRIÑAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA      
             
     

O día 23 de outubro quedará como unha data importante na historia do CEIP Isaac Peral: a nosa biblioteca pasou a ter nome. E leva o nome de alguén moi significativo nun eido educativo e máis na nosa cidade, pois a personalidade que lle da nome é mestre, é escritor e é ferrolán: ANTÓN CORTIZAS.

Para celebrar este día tan especial organizáronse dous actos no centro:

  • Un acto institucional na biblioteca ao que estiveron convidados a inspectora de educación, a concelleira de educación, o director e unha asesora do CEFORE, o escritor Antonio Yáñez e o pintor Leandro Lamas. Tamén houbo representación de todos os membros da comunidade educativa: o equipo directivo, profesorado, unha representación de alumnado de todos os cursos, persoal non docente e a Anpa co equipo de dinamización da biblioteca como conductor do acto.


  • Un acto lúdico-educativo no patio con todo o alumnado e profesorado no que alumnado de cada nivel recitou e representou poemas do libro de Antón Cortizas Contos de vento e de nunca acabar.

Nestes actos, Antón, un recoñecido escritor infantil e xuvenil, mostrouse tamén como a persoa enxeniosa, cercana e entrañable que é.

 

     
             
     

Esta presentación recolle algunhas das moitas ideas importantes que Antón Cortizas apuntou nas súas intervencións nestes actos. 

 

 

     
             
      Nesta presentación recóllese unha escolma de imaxes dos dous actos.      
              
             
       Premendo na imaxe pódese acceder á totalidade das fotos desta celebración tan especial.       
             
     

 

 

O Diario de Ferrol acompañounos nesta data tan importante, premendo na imaxe atópase a noticia na súa edición dixital. 

 

 

     
     

 

     
             
             

COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS

  POR FIN PODEMOS LEVAR LIBROS PARA A NOSA CASA!  
 

Outro ano máis a biblioteca abriu as súas portas para a realización de préstamos e coma sempre a acollida foi espectacular, non tedes máis que ver a longa cola que se formou.

Os préstamos realízanse durante a hora do recreo para o alumnado de 3º a 6º de primaria. E. Infantil e Primeiro ciclo de Primaria teñen unha hora prefixada no seu horario escolar para a realización dos préstamos.

 

 

 

 

A xestión dos préstamos realízanna o alumnado de 6º de Primaria que previamente recibiu a correspondente FORMACIÓN DE USUARIOS.

 

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet