Radio Vilameán
RADIO VILAMEÁN - ENTREVISTA A JORGE
Novo programa da nosa radio!
Neste caso, entrevistamos a Jorge, o conserxe do centro.
Esperamos que vos guste!
RADIO VILAMEÁN - CONTACONTOS
Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza no centro do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que nos veu a contar variados contos polo Samaín.
Deixamos aquí a entrevista que lle fixemos ao seu profesorado.
Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán.
RADIO VILAMEÁN - DÍA DAS BIBLIOTECAS
Onte, día 24 de outubro, foi o día das bibliotecas e hoxe, día 25 de outubro, inauguramos a biblioteca do cole para que todos e todas a podamos desfrutar.
Por iso, deixamos aquí a entrevista que se lle fixo a Mónica, coordinadora da nosa biblioteca escolar, para celebrar esta data tan inmportante.
Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán!
RADIO VILAMEÁN - ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
Dende Radio Vilameán queremos homenaxear a Antonio García Teijeiro, profesor e xogador de balonmán que escribe pensando na infancia e no coidado pola natureza.
Esperamos que vos gusten os poemas que vos lemos neste programa de radio!
Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán!!!
RADIO VILAMEÁN - ENTREVISTAMOS A CARMEN POSE
Chegado o día das linguas, os alumnos e alumnas de cuarto de primaria entrevistan a Carmen Pose, recién xubilada mestra do centro e titora do seu grupo no curso escolar anterior.
Aquí vos deixamos parte da entrevista e algo de información sobre a data mencionada.
O Día Europeo das Linguas: 26 de setembro.
O obxectivo deste día é celebrar a diversidade de linguas na Europa e procurar atender á comprensión intercultural no vello continente.
Saberse comunicar en outras linguas trae moitos beneficios para a vida social e tamén pode ser un gran diferencial na carreira profesional das persoas.
En 2001 o Consello de Europa tivo a iniciativa de crear esta data, que se celebra en todos os 47 países membros da Comunidade Europea:
- En Europa existen 225 linguas autóctonas (aproximadamente 3% do total mundial).
- Existen 24 linguas oficiais na UE.
- Existen cerca de 60 linguas minoritarias ou rexionais.
Outras Datas Conmemorativas
- Feb 21 Día Internacional da Lingua Materna
- Set 23 Día Mundial das Linguas Xestuais
- Set 30 Día Internacional da Tradución
- Nov 10 Día Internacional do Trabalinguas
RADIO ESCOLAR VILAMEÁN,
CURSO 2017 - 2018
"RADIO VILAMEÁN" naceu no ano 2000 para achegar ao alumnado aos medios de comunicación que están tan presentes na nosa sociedade actual.
Nestes anos de vida "RADIO VILAMEÁN" converteuse nunha parte máis da escola, nun elemento de diversión ao mesmo tempo que de aprendizaxe integral, porque a elaboración de programas radiofónicos abrangue distintas áreas do currículo como as Linguas, a Ed Artística, o Coñecemento do Medio, etc. Ademais desenvolve moitos aspectos básicos da personalidade dos alumnos-as, como o incremento da autoestima e a seguridade, mellorando a lectura e a pronunciación, e o desenvolvemento da expresión oral e escrita. A idade dos rapaces e rapazas non é un inconvinte para participar nos programas de RADIO VILAMEÁN, máis ben, o contacto dende pequenos axuda á desmitificación da mesma e incrementa a naturalidade.