LIGAZÓNS DE INTERESE

   

 



 

 

 

 

 



CON TODO O NOSO CARIÑO

 

No día de hoxe queremos despedir ao noso compañeiro Xose, falecido onte, domingo 10 de novembro.

Toda a comunidade educativa lamenta a súa pronta marcha e agradece todo o vivido e compartido con el. 

Boa viaxe, compañeiro. Botaremoste moito de menos.

ESPAZO LECTURA - NOVEMBRO 2024

Deixamos aquí, para que a poidades consultar, a programación do Espazo Lectura, neste caso, de Novembro.

RADIO VILAMEÁN - ENTREVISTA A JORGE

Novo programa da nosa radio!

Neste caso, entrevistamos a Jorge, o conserxe do centro.

Esperamos que vos guste!

CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias, 

Este ano toca facer unha renovación parcial do Consello Escolar do noso centro educativo. 

Deixamos as indicacións para poder facelo nun documento PDF anexo.

Queremos animarvos a que presentedes candidaturas para formar parte do noso Consello Escolar. Para facelo, podedes pasar por secretaría ata o 11 de novembro ás 14:00 horas.

 

RADIO VILAMEÁN - CONTACONTOS

 

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza no centro do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que nos veu a contar variados contos polo Samaín.

Deixamos aquí a entrevista que lle fixemos ao seu profesorado. 

Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán.

CANTAS CABAZAS!!!

Hoxe comezou a nosa exposición de cabazas!!

Hai moitas e moi bonitas! Deixamos aquí algunhas imaxes para que poidades ver todo o traballo realizado, pero non queremos que esquezades que tedes as portas abertas para vir a velas!

Bo Samaín!

RADIO VILAMEÁN - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Onte, día 24 de outubro, foi o día das bibliotecas e hoxe, día 25 de outubro, inauguramos a biblioteca do cole para que todos e todas a podamos desfrutar.

Por iso, deixamos aquí a entrevista que se lle fixo a Mónica, coordinadora da nosa biblioteca escolar, para celebrar esta data tan inmportante.

Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán!

RADIO VILAMEÁN - ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 

 

Dende Radio Vilameán queremos homenaxear a Antonio García Teijeiro, profesor e xogador de balonmán que escribe pensando na infancia e no coidado pola natureza. 

Esperamos que vos gusten os poemas que vos lemos neste programa de radio!

Radio Vilameán, a mellor radio de todo Nigrán!!!

RADIO VILAMEÁN - ENTREVISTAMOS A CARMEN POSE

 

 

Chegado o día das linguas, os alumnos e alumnas de cuarto de primaria entrevistan a Carmen Pose, recién xubilada mestra do centro e titora do seu grupo no curso escolar anterior.

Aquí vos deixamos parte da entrevista e algo de información sobre a data mencionada.

 

O Día Europeo das Linguas: 26 de setembro.

 

 

O obxectivo deste día é celebrar a diversidade de linguas na Europa e procurar atender á comprensión intercultural no vello continente.

Saberse comunicar en outras linguas trae moitos beneficios para a vida social e tamén pode ser un gran diferencial na carreira profesional das persoas.

 

 

 

En 2001 o Consello de Europa tivo a iniciativa de crear esta data, que se celebra en todos os 47 países membros da Comunidade Europea:

 

  • En Europa existen 225 linguas autóctonas (aproximadamente 3% do total mundial).
  • Existen 24 linguas oficiais na UE.
  • Existen cerca de 60 linguas minoritarias ou rexionais.

 

Outras Datas Conmemorativas

 

Distribuir contido