APRENDE, MELLORA, ENGÁNCHATE E VAI PRACTICANDO LSE.

Celébrase a IV Edición do concurso “CANTAMOS COAS  MANS” convocado pola FAXPG. Coma todos os anos queremos contar contigo na súa elaboración.

Podedes consultar as bases e os documentos que tedes que asinar para participar nel, como estamos a facer cada ano. Lembrade que hai documento para os adultos e outro para as crianzas.

 O mail que está habilitado para recibir as autorizacións e o do blog de música:

Correo: soutoswing@gmail.com

Tedes os vídeos da canción e do vocabulario na columna da dereita para que vaiades familiarizándoos con eles, e sobre todo practicando.

Aquí déixámosvos o enlace á información proporcionada pola FAXPG.

https://www.faxpg.es/aplazamiento-concurso-cantamos-manos-es.html

Este ano, debido a situación na que vivimos,  a colaboración terá que ser virtual. As gravacións faránse dende a casa e habilitarase unha padlet para que poidades  ir enviando os vosos vídeos.

Esta semana toca practicar divertirse e disfrutar. Na próxima semana publicarase as partes da canción signada que lle van a ser outorgadas a cada clase, para que gravades e logo subades a PADLET.