Este último trimestre, neste curso académico tan diferente, queremos rematalo cunha actividade complementaria moi especial: Amosando o noso cariño pola lingua galega. Todas e todos nos sentimos profundamente orgullosas e orgullosos das nosas praias, dos nosos montes, das nosas vilas e aldeas e, como non: da nosa lingua. Este idioma que nos fai diferentes ao resto.
Coa finalidade de promover o galego dende o seu emprego en moitas situacións cotiás e, para moitas tarefas diferentes, fixemos unha programación de " 21 días en galego" propondo ao conxunto da comunidade escolar actividades relacionadas coa música, coa lectura, co arte, coa autora homenaxeada no Día das Letras Galegas...
Aproveitamos esta entrada para amosar o noso agradecemento ás persoas que desinteresadamente participarán connosco ao longo deste proxecto. Gardamos os seus nomes no peto para nos sigades no blog (ACCESO A LARENDO NO BARBÓN) e os descubrades facendo este camiño con nós!