Estimadas familias:
Tendo en conta que o estado de alarma vaise prolongar durante dúas semanas máis procedemos a facilitarvos a seguinte información:
- A segunda avaliación dase por rematada a día 13 de marzo. Os docentes avaliarán ao alumnado tendo en conta as tarefas realizadas ata esa data. Poderán consultar os boletíns de cualificacións a través da aplicación abalarmóbil, a partir do venres 3 de abril ás 14:00.
- Achegamos as tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril. Poden consultalas en "adxuntos", ao final deste aviso. Se necesitan algunha aclaración poden poñerse en contacto coas mestras.
- Do día 6 ao 13 de abril son as vacacións de Semana Santa. Para este período non haberá tarefas ou actividades programadas.
- Becados de comedor. Estamos á espera de recibir información oficial no centro sobre as axudas existentes. Tan pronto a teñamos enviaremos un abalar ás familias que necesiten acollerse a estas.
Estean pendentes da páxina web e o abalarmóbil, xa que seguiremos informando a través destes medios.
Unha aperta enorme para todos.
A dirección