Achegamos o listado de alumnos admitidos e excluídos para o curso que vén.
NON ESQUEZAN MATRICULAR AOS ALUMNOS. ESTE TRÁMITE REALIZARASE NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 10:00 A 14:00, ENTRE O 1 E O 10 DE XULLO.
Para matricular ao alumnado deben traer a seguinte documentación:
- impreso de formalización da matrícula (a achegamos como arquivo adxunto)
- dúas fotografías tamaño carné co nome ao dorso.
- unha fotocopia da cartilla sanitaria
- unha fotocopia da cartilla de saúde infantil onde aparecen as vacinas.
- anexo de alerta escolar (no caso de ser necesario) (achegámolo como arquivo adxunto) https://www.edu.xunta.gal/portal/node/371
- autorización para a recollida do alumnado
- autorización para participar en actividades complementarias
- autorización para o tratamento das imaxes
NOTA IMPORTANTE:
- ALUMNADO DE PRIMARIA: No caso de ser solicitante de axudas de libros de texto e material escolar deben informarnos para solicitar o traslado do trámite.
- ALUMNADO DE INFANTIL: consulten nesta páxina web as instrución para facer esta solicitude no Concello.
- ANPA: poden consultar no blog da ANPA "A Barxa" información relativa á alta na asociación, ao comedor, etc. http://anpagarciabarbon.org/