IMOS AO CINE
O día 27 de novembro saímos a Carballo para ir ver un filme ofertado pola Fundación Lumière " Xornadas de Cine Infantil en Educación e Valores". A película coreana " Sang Woo y su Abuela" achéganos á importancia do respecto ás persoas maiores, a non ser egoísta, así como a comprender que se pode ser feliz sen necesidade de ter moitas cousas.
Ao finalizar o visionado do filme un representante da ONG Amnistía Internacional falounos da mala situación dos nenos e nenas destes países, e da importancia que ten a educación.