Skip to Content

Nadal

TALLER DE POESÍA: NADAL

POEMAS DE NADAL

Adiantándose aos talleres de poesía que levaremos a cabo nos vindeiros meses no centro (dentro do proxecto de biblioteca BiblioPoemando), o alumnado de 5º de Educación Primaria quixo iniciarse na creación dos seus propios poemas con motivo destas datas festivas!

O resultado destas creacións é estupendo. Esperamos que desfrutedes léndoas tanto coma nós. Noraboa a todos polo enxeño creativo na redacción destes poemas!!!

NADAL SENTIMENTAL

NADAL SENTIMENTAL NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

Ola a todas e todos, o Nadal está aí ben pretiño e no cole levamos días traballando para decoralo ben bonito. Este ano o noso alumnado deixou escritos os seus desexos para o ano novo. Merece a pena lelos!!!

Aquí deixamos unha mostra:

Musicando o Nadal

Velaquí as nosas fermosas árbores de Nadal con fragmentos das cancións que cantamos no Nadal

 

NADAL NO TABOLEIRO DA LINGUA

Xa entrados no mes de decembro, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega decidimos poñer en marcha unha actividade consistente en "dar as grazas" de xeito anónimo a un ou varios amigos por algo bo  que tivesen feito por nós.

Para elo empregamos o Taboleiro da Lingua, no que cada quen podía escribir en plantillas con forma de "globo" o agradecemento que desexase.

Partimos do lema: "Grazas amig@ por..." e cada quen aportou a súa mensaxe.

Mirade o resultado!!

ESTAMOS MOI CONTENTOS COA ACOLLIDA DA ACTIVIDADE E COAS FERMOSAS PALABRAS QUE NAS MENSAXES PUIDEMOS LER!!

 

 

 

TALLERES DE NADAL

PARA REMATAR O TRIMESTRE DUN XEITO DIFERENTE, ESTE ANO DECIDIMOS LEVAR A CABO DIFERENTES TALLERES DIRIXIDOS POLO PROFESORADO.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTIVEMOS XUNTOS E PASÁMOLO XENIAL!!!!

NADAL

Celebrando o Nadal

 Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.

                 

 

 

               

                       

 

           

 

MANUALIDADES AULA 4 ANOS

   

       papá noel con servilletas vermellas                                   botas navideñas. 

                                            Estreliñas e bolas de purpurina

VISITOUNOS O APALPADOR

DESPOIS DUNS ANOS RECIBINDO AS VISITAS DE PAPÁ NOEL E DOS REIS MAGOS, ESTE ANO QUERIAMOS QUE QUEN NOS VIÑESE FACER UNHA VISITA NO NADAL FOSE, EN CERTA MEDIDA, UN VECIÑO NOSO.

EL VEU DA SERRA DO COUREL E FAISE CHAMAR "APALPADOR". CONTOUNOS HISTORIAS E CONTOS DA SÚA VIDA E DÍXONOS QUE LLE ENCANTABA COMPROBAR POR SI MESMO QUE OS BANDULLOS DOS NENOS E NENAS ESTIVESEN BEN CHEOS!!! DE NON SER ASÍ, DALLES CASTAÑAS PARA QUE NON VOLVA A SUCEDER!!

A NÓS VIUNOS COA BARRIGA CHEA E POR ISO EN VEZ DE CASTAÑAS NOS TROUXO REGALIÑOS PARA CADA AULA.

AQUÍ VOS MOSTRAMOS AS FOTOS DE CANDO ESTIVO CON CADA UNHA DAS CLASES DE EDUCACIÓN INFANTIL!!

TALLER DE APERITIVOS NAVIDEÑOS

A DOUS DÍAS DO FESTIVAL DE NADAL, NON HAI MELLOR MANEIRA DE CALMAR OS NERVOS QUE COCIÑAR.... POR ISO OS NENOS E NENAS DO GÁNDARA-SOFÁN DECIDIMOS FACER HOXE NÓS DE COCIÑEIR@S!!

MIRADE QUE APETITOSOS APERITIVOS FIXEMOS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut