Skip to Content

Celebracións

TALLERES DE NADAL

PARA REMATAR O TRIMESTRE DUN XEITO DIFERENTE, ESTE ANO DECIDIMOS LEVAR A CABO DIFERENTES TALLERES DIRIXIDOS POLO PROFESORADO.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTIVEMOS XUNTOS E PASÁMOLO XENIAL!!!!

NADAL

Celebrando o Nadal

 Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.

                 

 

 

               

                       

 

           

 

MANUALIDADES AULA 4 ANOS

   

       papá noel con servilletas vermellas                                   botas navideñas. 

                                            Estreliñas e bolas de purpurina

PEÓN - MAGOSTO

Como todos os anos no outono celebramos o peón e o magosto o mesmo día. Pola mañán facemos un concurso de peón por clase e pola tarde coa axuda de David degustamos as castañas .

 

 

 

MANUALIDADES SAMAÍN

 

Mostámosvos algunhas das manualidades que fixemos no Samaín. A que son terroríficas?

 

       

SAMAÍN 2015

Festa Samaín

Como todos os anos celebramos a festa do samain, fixemos manualidades, adornamos o cole e finalmente disfrazámosnos de personaxes de terrorrrr!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN NA AULA DE 3 ANOS

Neste primeiro trimestre, unha das festas que máis nos gusta celebrar é o Samaín!!!

Nela recordamos como os nosos antepasados despedían o verán para dar a benvida á estación invernal; e revivimos a creación de terroríficas cabazas para espantar ás almas que percorrían os camiños...!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración familias!!!

E mirade algunhas fotos destes días!!

ENTERRO DA SARDIÑA

AO REMATE DO ENTROIDO, CHEGOU O MOMENTO DE DESPEDIR COMO SE MERECE Á SARDIÑA.

NO GÁNDARA-SOFÁN FIXEMOS DE NOVO O ENTERRO. METEMOS OS NOSOS DESEXOS DENTRO DELA PARA QUE ARDERAN E SE FIXESEN REALIDADE, LEMOS UNHAS VERBAS NA SÚA HONRA, UN CURA BEN ESPECIAL PRESIDIU A CEREMONIA E TODOS E TODAS VESTIDOS PARA A OCASIÓN, ESTIVEMOS PRESENTES NA INCINERACIÓN.

TODA UNHA AVENTURA QUE CADA ANO NOS GUSTA MÁIS.

 

 

ENTROIDO 2015

Celebramos o enterro da sardiña, este ano non nos acompañou o bo tempo, e  decidimos incinerala.

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut