Estimadas familias:
Este trimestre comezamos unha nova aventura: o colexio.
Ao principio estábamos algo nervios@s, pois non sabíamos que nos iamos atopar. Agora xa sabemos que o colexio é un espazo agradable onde facemos cousas moi divertidas: aprendemos multitude de cancións, bailamos, xogamos con novos amigos e amigas, aprendemos cousas novas... De seguido poderedes ver algúns exemplos:
No período de adaptación gustounos moito xogar coa plastilina, coa cociniña, cos coches... e elaboramos un minimundo selvático.