Para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, visitounos no centro un contacontos moi especial: "Pedro Brandariz".
El mesmo se define como un "falabarato", pero contounos cousas moi interesantes.
Contounos unha gran historia sobre pantasmas e ogros na que deixaba ben claro o importante que é tratar ben ás persoas. Para facelo axudáronlle algúns dos nenos e nenas do cole.
Pero iso non foi todo, tamén nos contou un conto ben bonito sobre "Tres porcos" e amenizou toda a actuación con diferentes trucos de maxia e xogos visuais.
A nós encantounos e agardamos que nos visite sempre que lle apeteza!!
Mirade algunhas fotografías dese día!
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA!!