Ten ollos pero non ve
ten coroa e non é rei
ten escamas sin ser peixe
dime que froita é?
Breixo recollendo un premio do concurso de postais do concello de Carballo. Noraboa!!!
O martes 14 de decembro tivemos unha actividade moi interesante. Gracias a Merlo Branco e en especial a Montse, aprendemos moito sobre os diferentes traxes galegos. Foi moi divertido!!!
Queremos felicitar a Breixo de 2º de EP por ser un dos gañadores da postal de Nadal organizado polo concello de Carballo. Noraboa Breixo!!!!
Na aula de 2º, o alumnado traballou diversas tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e en contra de todo tipo de violencia. Escoitamos e aprendemos as cancións de "La puerta violeta" de Rozalén, e tamén, "Depende de los dos" que é un proxecto educativo dos centros CRA Alto Gállego e CEP Puente Sardas para traballar a coeducación nas aulas.
Empezamos "STOP non quero que..." para que o alumnado cada vez que se sinta mal poida sinalar o STOP, e pedir axuda.
As nenas e nenos de infantil e 1º e 2º de primaria, elaboramos este conto sobre a violencia de xénero. Esperamos que vos guste!