O xoves 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º tivemos en Razo unha sesión de surf moi divertida!!!!!
Izan enviounos unhas fotos moi chulas da súa faceta de cociñeiro, practicando as recetas que hai na mochila viaxeira. Moi ben Izan!!! Noraboa!!!
Con motivo da semana do libro, visitounos no cole a compañía de teatro Ghazafelhos cunha obra titulada "A máquina do tempo". É unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Foi unha obra moi divertida!!!
O alumnado de 1º e 2º, acudiu a un obradoiro no cole de como facer bocatas moi variados. Foi moi interesante!!!
O alumnado de 1º e 2º participou nunha xornada de actividades relacionadas coa importancia e o valor nutricional do peixe, do marisco, das algas e das conservas. Foi moi divertido!!!