DIMINUÍNDO RISCOS NA ESCOLA

Queridos compañeiros e familias:

Como sabedes durante este curso realizamos moitas actividades referidas aos sinais de emerxencia, primeiros auxilios, simulacros de evacuación, etc.

Unha das actividades elaboradas foi esta prequena presentación explicativa sobre os sinais de emerxencia (preme no arquivo adxunto ou na imaxe para acceder ao contido)

 

 

Despois desta breve explicación... atrevédesvos a realizar esta actividade???? Pincha aquí para acceder á nosa aula virtual. preme en Profe01 e entra como convidado!!!

AdxuntoTamaño
EMERXENCIA (1).ppt3.81 MB

PREGOEIROS DA FROITA

 

           Os/as alumnos/as de 2º EP tiveron a oportunidade de actuar como Pregoeiros da froita na terceira, e penúltima, semana de "Froita na escola". Pasárono moi ben preparando as adiviñas (poderedes lelas na nosa revista escolar) e indo polas aulas facendo pensar aos compañeiros/as das outras clases. 

          Foi unha experiencia xenial!!! ;-)

 

         

CONTACONTOS

O martes 19, e dentro da semana adicada ao libro, visitounos Manuel de Paderne, un contacontos moi divertido. A partir dos textos de Manuel María, foi construindo unha viaxe divertida e curiosa a través das historias que lle acontecían a este máxico personaxe.

 

 

CONTACONTOS

O alumnado de 5 anos, de 1º e 2º, asistiron no cole a un contacontos chamado Feliz Feroz, que foi moi divertido!!!

 

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebrouse o día da poesía. O noso alumnado traballou por equipos sobre a obra da poeta galega Rosalía de Castro. Aprenderon e debuxaron  parte da poesía "Adiós ríos, adiós fontes", para expoñer no taboleiro da lingua. 

 

MANUALIDADES

O alumnado de 1º e 2º disfrutaron traballando con pasta de modelar. Fixeron moitas figuras que quedaron moi chulis. Noraboa!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO

 

O entroido 2016 estivo adicado a "Neira Vilas" e ó seu libro "Memorias dun neno Labrego". Todo o alumnado veu vestido para a ocasión e grazas á colaboración das familias,degustaron comida típica de entroido. Como todos os anos, o xoves pola tarde trouxeron disfraz libre e pasárono moi ben xogando.

 

  

 

 

  

 

 

 

FELIZ DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA A TOD@S!!!!

O 30 de xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Este curso estivo adicado ao premio Nobel da Paz 2015 "Sociedad Civil de Túnez". Cada curso traballou algún aspecto dese país, a primeiro tocoulle a gastronomía e a segundo a vestimenta. O alumnado traballou moito e fixeron uns traballos excelentes. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NADAL

Celebrando o Nadal

 Os alumnos e alumnas de 1º e 2º fixeron diversas actividades para festexar o Nadal, e tamén recibiron con moita alegría, ao Apalpador que lles trouxo uns agasallos.