Hoxe é O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. No colexio traballamos este tema cunha educación en valores igualitaria e non sexista.
O alumnado de 1º e 2º, realizou un traballo adicado ás mulleres máis importantes da súa vida, tamén adicamos un apartado a mulleres inventoras que foron moi importantes para a sociedade, e sin embargo en algúns casos, pouco recoñecidas. Feliz día da muller!!!!
O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, e decidimos recordala recitando un dos seus poemas.
O entroido deste ano foi moi colorido e imaxinativo, as familias traballaron moito para a confección duns disfraces moi orixinais. Con tanta diversión, ao alumnado entroulle a fame e comemos un montón de filloas, rosquillas, orellas e todo tipo de produtos de entroido. O tema era a robótica seguindo un dos proxectos do centro.
O alumnado de 1º e 2º asistimos a unha charla sobre a vespa velutina, onde nos informaron sobre as trampas que se lle poden poñer, os traxes que visten as persoas que as eliminan e incluso poidemos ver e tocar un niño. Foi moi interesante!!!
Para celebrar o día da paz o alumnado compuxo pareados relacionados co tema, e despois recitáronnolos para todo o cole. Un traballo moi bo, felicidades!!!!
O día da Paz celebramos a carreira "Save The Children" donde o alumnado se esforzou moito por unha boa causa. Noraboa!!!!
Durante o mes de xaneiro, o alumnado tivo a oportunidade de tomar leite todos os días, poideron tomalo solo, con cacao, con cereais...estaba boísimo!!!!
Este curso participamos nun proxecto de horto escolar, donde o alumnado ademais de aprender, disfruta moito co traballo realizado.
BO NADAL!!!
Celebramos un gran festival de Nadal onde o alumnado realizou unhas actuacións marabillosas, disfrutaron coa actuación de Pakolas(gracias a ANPA) e tamén recibiron a visita do Apalpador, que lles trouxo uns bonitos agasallos. Para rematar o trimestre organizamos unha gran festa de Fin de Ano, e para a ocasión viñeron elegantemente vestidos.
FELICES VACACIÓNS!!!!
O 31 de outubro celebramos unha festa celta chamada Samaín, na que o alumnado disfrutou moito coas cabazas e os disfraces. Canto medo!!!!