CARREIRA CAMPO A TRAVÉS 2016
O pasado 30 de novembro os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria asisitimos á Carreira Campo a Través de Carballo.
Pasámolo xenial e desfrutamos dunha agradable xornada deportiva xunto con outros 500 escolares no campo de As eiroas.
Aínda que sabemos que o importante foi participar sentímonos moi orgullosos dos nosos compañeir@s Daniel Calvete, Lara Hernandez e Claudia Alonso que conseguiron chegar nos primeiros postos das súas respectivas categorías.
Igualmente foron moitos os nenos e nenas clasificadas para a seguinte fase!!
NORABOA A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES!!!
Accede á nosa Galería de Imaxes para ver esta e otras fotos da carreira.